Categorías: Novas

Ridículas aportacións da Consellería do Mar para frear o cambio climático

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, cualificou hoxe de “ridículas” as aportacións previstas pola Consellería do Mar para contribuír a frear os efectos do cambio climático. Otero presentou unha pregunta en Comisión na que criticou que este departamento destine menos do 0,2 por cento do seu orzamento para un obxectivo da relevancia como é a loita contra a crise climática.

A responsable socialista criticou a “pouca iniciativa” amosada pola Consellería neste sentido, xa que a súa aportación redúcese a 140.000 euros para limitar o impacto da pesca no medio mariño, 100.000 á mellora da eficiencia enerxética e outros 80.000 para a substitución de motores. Reclamoulle ao Executivo autonómico que “deixen de votar balóns fora” e asuman a súa parte da iniciativa para frear unha situación que terá consecuencias irreversibles sobre a biosfera.

Dixo que as accións de cara a un desenvolvemento sostible son “necesarias e posibles se as institucións establecen os recursos que propicien a innovación tecnolóxica e os cambios nas condutas para adaptar” aos sectores implicados. Reivindicou medidas de apoio concretas e tamén “accións de divulgación e sensibilización en relación aos cambios que se están a producir na pesca pola evidencia do cambio climático”.

Otero citou as conclusións da recente folga mundial polo clima, que o pasado venres reclamou a declaración da emerxencia climática e supuxo unha chamada de atención pola urxencia de reducir á metade a emisión de gases contaminantes nos próximos 10 anos.

Alertou de que o horizonte ao que se encamiña a humanidade pasa por vagas de calor máis frecuentes e intensas, secas, chuvias extremas e inundacións, o aumento do nivel do mar ou o incremento do nivel de acidez dos océanos, maior risco de pragas agrícolas, desprazamentos de especies e cultivos a zonas elevadas, desxeo acelerado e lumes máis voraces en épocas non habituais.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28