Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso ou se suma á rexeneración democrática fundamental para o futuro das nosas institucións”

Critica a desvalorización da Igualdade no goberno galego, relegada a unha Dirección Xeral e separada da Loita contra a Violencia de Xénero

O líder dos socialistas galegos apuntou dende o Parlamento a liña de acción política do PSdeG para traer a Galicia o impulso da rexeneración democrática iniciado onte polo presidente do goberno, Pedro Sánchez. Gómez Besteiro presentou os eixos da acción política dos socialistas galegos que comezarán por requirirlle a Rueda na próxima sesión de control que clarifique “se segue a doutrina Ayuso” da crispación e a descualificación.

Os socialistas galegos comezarán interpelando ao presidente da Xunta en primeira persoa, e a continuación presentarán unha serie de iniciativas parlamentarias que permitan mellorar a valoración das institucións galegas. Lembrou que Galicia atópase á cola de España en materia de transparencia e calidade de goberno, segundo o último Informe de Cohesión Económica, Social e Territorial elaborado pola UE e presentado fai uns días.

Este informe reflicte queixas xeneralizadas por parte das empresas polas barreiras ao financiamento impostas dende a administración autonómica, así como polas eivas na integridade do goberno galego, amosando unha percepción negativa sobre a falla de imparcialidade e de integridade pública por parte do goberno galego.

Ademais, os socialistas galegos despregarán unha rolda de consultas con diversos colectivos profesionais que poidan facer aportacións nunha nova senda a prol da rexeneración democrática. Ofreceu a man tendida do PSdeG “dende un punto de vista positivo” para frear o deterioro da vida política continuando coa liña anunciada na sesión de investidura, cando o propio Besteiro alertou fronte á xudicialización da vida política e fronte á política do “e ti máis”.

Lamentou o ton empregado onte polo presidente da Xunta para valorar o proceso de reflexión aberto polo presidente do goberno, amosa que “non entendeu de que vai todo isto”, descualificando unha reacción de todo o país, que “centrou o foco na sociedade que queremos para o futuro”.

Igualdade

José Ramón Gómez Besteiro trasladou as dúbidas sobre a acollida que teña esta iniciativa dende o goberno galego, que vén de rebaixar a Igualdade á categoría de Dirección Xeral dentro do goberno galego. Ademais de “quitarlle importancia” á materia cunha decisión que cualificou de “erro”, lembrou que o PP vén de “optar por non ter Consellería de Igualdade”, cando “outros optamos por darlle rango político transversal”, cun Ministerio propio no goberno de España.

Ademais, criticou a creación dunha Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero específica e separada da Igualdade, cando “deben formar parte dun mesmo corpo administrativo” coa entidade necesaria que merece un asunto que debe ser fundamental para a acción de goberno e ademais constitúe un “piar fundamental en materia de rexeneración democrática”.

En resposta a preguntas dos xornalistas, o responsable socialista advertiu que o relevo de toda a cúpula do Sergas no goberno galego “implica que algo non funcionaba ben nese departamento”, tal e como viñan anunciando os socialistas galegos. Lembrou que el mesmo incorporou á sanidade pública á proposta de acordos de Lexislatura, xa que para a cidadanía reflicte “un dos peores funcionamentos da administración”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29