XORNADA: CONSTRUÍR O/A CANDIDATO/A

Poñemos en marcha unha serie de xornadas organizadas pola Escola de Formación Ceferino Díaz adicadas á preparación  dos candidatos e candidatas do PSdeG de cara ás próximas eleccións municipais.

A xornada celebrarase o sábado 17 de novembro de 10:30 a 14:30 na sede do PSdeG na Rúa do Pino 1-9 en Santiago de Compostela cos seguintes contidos:

Título: “Construír o  Candidato/a Electoral. Aspectos non discursivos na Comunicación Política

Relator: Iván Puentes.

Contidos:

  • Aspectos que inciden na imaxe e percepción da cidadanía con respecto ao candidato/a e condicionan o voto.
  • Elementos non racionais que teñen que ver coa comunicación non verbal
  • Aprender a xestionar os aspectos alonxados da comunicación tradicional que poden determinar o éxito ou o fracaso dunha campaña electoral
  • Efecto multiplicador das posibilidades dun bo resultado electoral

Título: “Os Valores Socialistas aplicados no ámbito municipal”.

Relator: Carlos Raya de Blas.

Contidos:

  • A xeneración dun discurso de valores.¿Qué valores? ¿Por qué os valores?
  • Os valores socialistas como fortaleza dialéctica.
  • Necesidades dos cidadáns: A escoita creativa.
  • Necesidades e valores socialistas: O proxecto
  • Discurso dun servidor do Pobo. Recensión práctica.

Título: “A Retórica e a práctica no discurso”

Relator: Loís Fermín Rodríguez Vázquez.

Contidos:

  • Qué é a retórica?.A retórica na historia.
  • Elementos do discurso: Que imos dicir ? De que imos falar?.
  • Establecemento dos contidos do discurso. Como imos organizar os contidos?.
  • Estrutura bipartita. Estrutura tripartita.
Se estás interesado/a en participar, podes enviar este formulario cuberto ao seguinte enderezo electrónico escuelaceferinodiaz@socialistasdegalicia.com ou cubrir o formulario on line: 

PARTICIPA