“Os socialistas cremos que a formación é  fundamental en calquera circunstancia da vida social e particularmente consideramos que a formación política, cultural e social no seo da nosa organización constitúe un mecanismo insubstituíble e necesario para construír un partido máis forte, máis activo, máis capaz e con maior capacidade de transformar a sociedade.

O PSdeG é un partido da militancia e a formación da militancia é un obxectivo fundamental para todos nós. Porque entender a estrutura da nosa organización; comprender a función do noso partido como instrumento de cambio na sociedade galega, estender os nosos principios ideolóxicos e as bases do pensamento socialista, perfilar os programas de políticas públicas máis capaces para transformar a sociedade alí onde gobernamos, e fortalecer a nosa capacidade política de plantexar alternativas frente á dereita, constrúen unha axenda de traballo para este PSdeG.

A formación é un instrumento necesario para acadar maiores niveis de igualdade, e particularmente a formación da nosa militancia é unha forma de posibilitar que os compañeiros/as teñan maior capacidade política e poidan sentir un maior involucramento na nosa organización.

Porque non  entendemos a formación únicamente como un mecanismo de transmisión de arriba a abaixo, senón que cremos que xunto a aqueles procedementos formativos máis tradicionais,  a propia acción política, o debate e a transmisión de valores nas distintas facetas do comportamento político sirven para desenvolver as nosas capacidades como militantes deste partido.

A Comisión Executiva Nacional galega creou en 2017 a Escola de Formación Ceferino Díaz como un instrumento ao servizo da nosa militancia. A Escola ten un compoñente transversal  para incorporar distintas temáticas e tamén para chegar ao conxunto do territorio  e dos intereses da nosa militancia.

 A decisión de poñerlle o nome de Ceferino Díaz á nosa Escola de Formación pon en valor a traxectoria política ao longo dos anos de quen foi un socialista cun claro compoñente e compromiso galeguista, e que traballou arreo por un PSdeG útil á sociedade galega, especialmente cun papel activo na conformación do Estatuto así como nas súas etapas como deputado autonómico e deputado nacional.”

Gonzalo Caballero

Secretario Xeral do PsdeG-PSOE

A Escola de Formación Ceferino Díaz nace coa vocación de dinamizar non só a formación no senso de capacitación e aprendizaxe da militancia e cadros do partido senón de debate e xeración de ideas , porque como decía Ceferino Díaz “sería desilusionante ir outra vez ao goberno para facer o mismo”.

A escola pretende propiciar a visión, o escenario e o ambiente adecuados para surtir de contidos ao PSdeG e facer un país coma o que soñaba Ceferino Díaz.

Misión principal da Escola de Formación Ceferino Díaz

Promover as ideas, principios e valores do socialismo entre a militancia de base e os cargos, tanto dás estruturas do Partido como os públicos e  “garantir a formación como dereito de toda a militancia do PSdeG”

 

Obxectivos xerais da Escola de Formación Ceferino Díaz:

– Garantir a formación como un dereito básico dos militantes.

– Contribuír á coherencia e á mellor fundamentación ideolóxica da acción política do PSOE.

– Perfeccionar a capacitación técnica e política dos cadros orgánicos e institucionais

– Colaborar na dinamización e a modernización do partido, desenvolvendo as novas formas de participación política propias do noso tempo.

Novas

PARTICIPA