Categorías: Actualidade Novas Portada Secretaría Xeral

Formoso ve imprescindible esclarecer as causas da caída do viaduto da A-6, axilizar a reconstrución e advirte as demais forzas: “Non todo vale en política”

O secretario xeral do PSdeG proponlle facer política de altura aos que “hai pouco dicían que as autovías eran navalladas na terra e agora van facerse fotos a elas”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, pronunciouse este sábado sobre o derrubamento dos dous treitos de viaduto da A-6 e subliñou que o “imprescindible” é determinar as causas do que ocorreu para dirimir as posibles responsabilidades e licitar “coa maior urxencia posible” a reconstrución dunha infraestrutura vital para Galicia.

O número un dos socialistas galegos, que pronunciou estas palabras logo de presidir en Santiago a reunión do grupo de expertos en sanidade convocado polo PSdeG, tamén advertiu ás demais forzas políticas que “non todo vale en política”, pois cando se fala dun sinistro desta envergadura non se pode estar “como primeira prioridade buscando culpables” para intentar tirar algún rédito político.

Basta xa de ir a facerse fotos, basta xa de facer política con isto”, sinalou Formoso, deixando claro que un accidente de estas características “lle pode pasar a calquera”. De feito, lembrou que hai un días “vivíamos en Santiago un drama con 16 feridos nunha instalación da Xunta”, motivo polo cal seguen a recuperarse no hospital dous dos feridos máis graves, “e nunca escoitaron unha verba deste secretario xeral criticando ou facendo política” con este asunto, e menos aínda sinalando á Xunta como culpable.

Engadiu o líder dos socialistas que tanto no suceso de Santiago, como no do viaduto, “foi o que foi, un accidente”, así que lle recomendou “a aqueles que dicían hai pouco que as autovías eran navalladas na terra e que agora van facerse fotos a elas” que proben con facer “política de altura”, que intenten facer política responsable e fagan caso da cidadanía que o que demanda son respostas.

Formoso reiterou que esas respostas deben servir para “esclarecer o que ocorreu” e para licitar no menor posible a reconstrución. Sinalou ademais que non cabería falar de prazos concretos, pois “cando falamos de seguridade e da vida das persoas o importante non é 10 minutos máis ou 15 días máis”, senón que se actúe de maneira rigorosa e que o ditame diga por que se derrubou o viaduto.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Espinosa pide garantir equidade real no acceso a diagnóstico e tratamento para persoas con enfermidades raras

A deputada socialista valora que a nova estratexia galega conte con dotación económica pero advirte…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta “feitos concretos, prazos verificables e compromisos reais” para a reforma integral do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense

Carmen R. Dacosta sinala que Educación “non está á altura” ao negarse a tomar medidas…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que o PP use celebracións coma o Ano Castelao para “lavar o pasado”

Silvia Longueira, sobre a “desideoloxización a través do tempo” da figura do político e artista…

12/02/2026
  • Secretaría Xeral

O PSdeG impulsará unha declaración institucional para apoiar que só os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro sexan considerados economía social

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor nunha reunión con…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista responsabiliza á Xunta do derrubamento de Monte Neme porque “non fixo absolutamente nada” dende o anterior accidente hai 12 anos

Patricia Iglesias esíxelle á conselleira de Industria que asuma as consecuencias da súa “inacción prolongada”…

11/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia o abandono dos dous colexios de Zas: “Hai que levar chuvasqueiro e casco”

Patricia Iglesias reclamoulle á Xunta que execute as reformas máis urxentes antes do vindeiro curso…

11/02/2026