Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso tilda de “errónea” a resposta que está a dar a Xunta fronte á situación de “shock” e “colapso” da sanidade galega

Erixe ao PSdeG na “columna vertebral” da defensa e mellora do sistema público logo de constituír o grupo de expertos en sanidade que lle trasladará as súas propostas á Xunta, ao Parlamento e á sociedade galega

O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, cualificou hoxe de “errónea” a resposta que está a ofrecer a Xunta ante o escenario de “shock” e de “colapso” que atravesa a sanidade galega. Por iso, co obxectivo de “construír e achegar solucións” para resolver esta situación, o PSdeG constituíu esta mañá un grupo de expertos e expertas que lle trasladará as súas propostas á Xunta, ao Parlamento e ao conxunto da sociedade galega.

Como mostra dos erros do goberno galego, Formoso lembrou que a Xunta recortou nun 1,9 por cento o orzamento en atención primaria para este exercicio, mentres que o resto de comunidades autónomas o incrementaron, de media, nun 11 por cento. A isto sumoulle a perda de 976 profesionais médicos e sanitarios no sistema galego dende o ano 2009.

Neste contexto, Formoso lamentou que a única resposta da Xunta sexan medidas como incentivar aos facultativos economicamente cunha pequena cantidade. “Iso”, advertiu, “non é o que piden, cando tanto médicos e médicas como enfermeiras e enfermeiros están sobrecargados de traballo”.

Por iso alertou de que a resposta ten que ser “máis ambiciosa”: as solucións pasan por incrementar o orzamento da Xunta en atención primaria para igualalo coa media do resto das comunidades e por activar medidas que permitan “reverter o entorno desmotivador para os profesionais sanitarios” e facer que “a estabilidade laboral sexa unha bandeira”.

Todo isto, remarcou Formoso, “redundará finalmente nunha mellor calidade asistencial para os e as doentes de Galicia”, que hoxe están a ver as dificultades para recibir atención presencial ou obter unha cita nun tempo razoable de 48 horas en atención primaria. Tamén lamentou que haxa que agardar ata máis de 10 meses por un diagnóstico especializado ou que haxa servizos de urxencias en hospitais que tardan ata 48 horas en asignar unha habitación tras un ingreso.

Ademais, en consonancia coas advertencias dos propios profesionais sanitarios, Formoso advertiu que “a situación cada vez é máis caótica e vaise agravar no verán, cando teñamos afrontar perda de profesionais por vacacións”. “Vai haber un momento de máis estrés no sistema sanitario e o goberno galego non pode dar a calada por resposta”, afirmou.

Por iso, tendo en conta que o PSdeG é a “columna vertebral” da defensa e mellora do sistema público, o grupo de expertos sanitarios constituído hoxe -e que está conformado por representantes de colectivos profesionais de todos os eidos sanitarios- aportará conclusións de forma rápida para trasladarlle ao goberno galego, ao Parlamento e, en definitiva, á sociedade unha proposta para “un sistema sanitario renovado e máis acorde cos novos tempos”.

Nesta liña, reiterou “a capacidade e a disposición e o compromiso de país” do PSdeG para “sentarnos de novo co presidente da Xunta e cos colectivos sanitarios para priorizar as partidas e atender o que din os que máis saben de cales son as carencias do sistema sanitario en Galicia, que son os propios profesionais”. Incidiu ademais en que non se descartan medidas de presión pois “cando tantos pacientes quedan fóra do sistema estamos dispostos a facer calquera cousa”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18