Categorías: Actualidade Novas Portada Secretaría Xeral

Formoso apoia iniciativas de solo industrial “serias e solventes” para non perder músculo industrial

O líder dos socialistas galegos respalda as propostas industriais e de promoción de vivenda pública no Concello de Caldas de Reis

 

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, respaldou as iniciativas dirixidas á promoción de solo industrial “serias e solventes” que permitan non perder músculo industrial. Así o dixo na visita ao Concello de Calda de Reis, onde coñeceu de man do alcalde, o socialista Juan Manuel Rey, as iniciativas para a consolidación de chan industrial e de promoción de vivenda pública no Concello.

 

Formoso respaldou as iniciativas locais deseñadas para non perder músculo industrial fronte a un goberno da Xunta que conta como balance de xestión a perda de 68.000 empregos industriais na última década. O responsable socialista salientou que tanto a promoción de solo industrial como as iniciativas de promoción de vivenda constitúen, xunto coa protección social, “os sinais de identidade para un socialdemócrata”.

 

Estes proxectos, dixo, “ofrecen oportunidades de crecemento e consolidación de proxectos industriais que xa existen en Caldas e que empregan a milleiros de familias na vila e no seu entorno”. Sinalou á promoción de chan industrial do Estado, que será analizado na primeira xuntanza do alcalde coa presidencia da Sociedade Estatal de Promoción de Chan Industrial.

 

Sinalou que as propostas constitúen “promocións serias e solventes con tódalas garantías de calidade, que requiren dun estudo previo” por parte do goberno de Rey, a quen cualificou de “referencia do mundo municipal” para os socialistas e para toda Galicia. O alcalde salientou a necesidade do desenvolvemento do polígono Veigas de Almorzar, o entorno da factoría de Clavo e o novo polígono en Paradela – Carracedo.

 

Vivenda pública

 

Valentín González Formoso tamén garantiu o seu respaldo á iniciativa do alcalde de incorporar ao patrimonio municipal de promoción de vivenda pública de “inmobles senlleiros do casco urbano”. Esta iniciativa require de “facilidades  por parte do Estado a través da Sareb para facerse co inmoble e despois derivalo á promoción directa por parte do Concello”.

 

O alcalde, Juan Manuel Rey, lembrou que levan “moito tempo pelexando” por impulsar a vivenda pública tanto en propiedade como en aluguer” que permitan “o asentamento de parellas novas ou de xente con dificultade de acceso á vivenda”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Espinosa pide garantir equidade real no acceso a diagnóstico e tratamento para persoas con enfermidades raras

A deputada socialista valora que a nova estratexia galega conte con dotación económica pero advirte…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta “feitos concretos, prazos verificables e compromisos reais” para a reforma integral do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense

Carmen R. Dacosta sinala que Educación “non está á altura” ao negarse a tomar medidas…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que o PP use celebracións coma o Ano Castelao para “lavar o pasado”

Silvia Longueira, sobre a “desideoloxización a través do tempo” da figura do político e artista…

12/02/2026
  • Secretaría Xeral

O PSdeG impulsará unha declaración institucional para apoiar que só os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro sexan considerados economía social

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor nunha reunión con…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista responsabiliza á Xunta do derrubamento de Monte Neme porque “non fixo absolutamente nada” dende o anterior accidente hai 12 anos

Patricia Iglesias esíxelle á conselleira de Industria que asuma as consecuencias da súa “inacción prolongada”…

11/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia o abandono dos dous colexios de Zas: “Hai que levar chuvasqueiro e casco”

Patricia Iglesias reclamoulle á Xunta que execute as reformas máis urxentes antes do vindeiro curso…

11/02/2026