Categorías: Actualidade

Unanimidade no Senado ante unha iniciativa socialista para manter o esforzo inversor nas infraestruturas da provincia de Lugo

César Mogo reivindica as actuacións do goberno socialista de Pedro Sánchez en Lugo que incrementou o orzamento para a provincia de 104 a 304 millóns de euros

A Comisión de Transportes do Senado aprobou hoxe por unanimidade unha moción socialista para que se manteña o esforzo inversor nas infraestruturas da provincia de Lugo e se impulse, entre outras actuacións, o desenvolvemento da autovía da Mariña e da A-56.

O senador socialista César Mogo criticou a parálise da obra pública en Lugo durante o goberno de Mariano Rajoy e aplaudiu a súa reactivación coa chegada do goberno progresista liderado por Pedro Sánchez.

Ao fío disto, Mogo reivindicou o impulso da A-54, os máis de 500 millóns de investimento na modernización do ferrocarril Lugo-Ourense ou as actuacións no ancho métrico que atravesa A Mariña, “investimentos constantes e soantes” dun orzamento para Lugo que creceu dende os 104 aos 304 millóns de euros.

Fronte a isto, lamentou o dirixente socialista, “o PP móvese só por intereses partidistas” e, por iso, atópase nunha “ofensiva para tentar confundir e desprestixiar os investimentos” do goberno do Estado en Lugo ao construír “unha realidade política paralela para tentar levar á pelexa o que é indiscutible”.

“Queda moito por facer, pero temos xa perspectiva para saber que dende 2018 se reanudou a obra pública na provincia tralo paréntese escuro en infraestruturas do goberno de Rajoy”, ante o que o PP de Lugo “calou durante case sete anos e agora pide todo e ao mesmo tempo cunha pulsión polo gasto público que só ten na oposición”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38