Categorías: Actualidade

Patricia Otero pídelle á Xunta que deixe emitir bulos e se poña a traballar co goberno central na definición do plan de transporte estatal

Patricia Otero acusa ao goberno galego de intentar tapar as vergoñas do seu propio plan de transportes con críticas á proposta estatal, que aínda é un documento aberto

A deputada socialista Patricia Otero instou hoxe á Xunta de Galicia a deixar de emitir bulos e pediulle que se poña a traballar en colaboración co goberno central para complementar e intentar mellorar o Plan de transporte estatal.

Fíxoo no pleno do Parlamento, onde lamentou que, no canto de facer achegas, a conselleira de Infraestruturas se dedique a “terxiversar” ese documento para intentar “tapar as súas vergoñas” polas numerosas deficiencias do propio plan de transporte galego.

Así, fronte ás críticas do PP e do goberno galego a esta iniciativa, a parlamentaria do PSdeG lembrou que o plan estatal é  aínda “un borrador aberto e inicial sobre o que se pode traballar”. Polo tanto, “teñen a oportunidade de facer as achegas que consideren para intentar melloralo”, o que ademais serviría para que a Xunta practique o que tantas veces recomenda: “a lealdade institucional”.

Con todo, a parlamentaria do PSdeG instou ao goberno galego a completar e harmonizar os servizos da Xunta cos do Estado e se aseguren de que funcionen os nodos dende as principais localidades cara outras comunidades autónomas e o transporte dende as zonas do rural cara as cidades para posteriormente enlazar despois con outros territorios fóra da nosa comunidade. Desa maneira, garantirase que se recollan as peculiaridades de Galicia canto a dispersión territorial e poboacional.

“Fágano máis efectivo para as galegas e galegos”, instou Patricia Otero, quen ao tempo demandou  que a Xunta actúe e mellore tamén o plan de transportes autonómico para adecualo ás necesidades de mobilidade da cidadanía. Ao respecto disto, lembrou que a Xunta segue a negar o problema que teñen malia as numerosas queixas de usuarios e concellos polo deficiente servizo de transportes autonómico.

Nesta liña recordou atrasos, suspensións de servizos, falta de información de horarios ou prazas, anuncios de mellora incumpridos, falta de puntualidade ou nenos e nenas que chegan trade ao colexio, cando non quedan directamente tirados na parada porque o bus non aparece.

Neste escenario, Patricia Otero reclamoulle á Xunta que escoite as queixas, reformule os pregos de contratación para adecualas ás necesidades de mobilidade da xente e non abdiquen das responsabilidades de inspección e control e, de ser o caso, de sancionar os incumprimentos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05