Categorías: Actualidade

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis do 80 por cento entre outubro e novembro de 2023

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde, acusou hoxe ao goberno galego de ofrecer tan só “medidas parciais e cosméticas” para facer fronte á caída estrutural da produción marisqueira nas rías galegas. Abalde presentou unha pregunta oral na Comisión de Pesca do Parlamento na que reclamou un Plan de axudas estables, como está a pedir o propio sector para garantir a súa pervivencia.

O responsable socialista lamentou que a única resposta do goberno galego sexa “negar a situación sen facer un estudo rigoroso” que permita orientar solucións eficaces, ademais da axuda “única e extraordinaria, con tintes electoralistas, de 550 euros a unha parte dos afectados en portas das  eleccións do pasado febreiro”. Dixo que as axudas anunciadas esta semana polo goberno galego resultan “insuficientes e limitadas” tanto na súa contía como no número de beneficiarios.

Urxiu á Xunta a tomar “medidas estruturais urxentes” e que “comece a exercer as súas competencias exclusivas e desenvolver o autogoberno” para apoiar ao sector diante dos reiterados ceses de actividades. Lembrou que o estudo solicitado a finais de 2023 a Meteogalicia, Intecmar e o CIMA revelou unha caída da produción marisqueira de máis do 80 por cento en Galicia entre outubro e novembro de 2023, que se traduciu nunha baixada na facturación do 57 por cento.

Acusou ao goberno galego de que, malia á evidencia dos datos, afronta unha situación de crise reiterada “sen actuacións decididas, escusándose en afirmacións repetidas de que se trata de alteracións puntuais”, pero sen tomar decisións cando a campaña de marisqueo libre vén de ser pechada reiteradamente antes de tempo pola baixa produción.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27