Categorías: Actualidade

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade da Unesco

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Lara Méndez, reclamoulle hoxe á Xunta unha liña de axudas específica para a agricultura heroica da Ribeira Sacra. Méndez presentou unha pregunta oral na Comisión de Agricultura do Parlamento para garantir a continuidade dunha viticultura tradicional singular fundamental para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, que sustenta a candidatura a Patrimonio da Humanidade da Unesco.

A responsable socialista advertiu que “hai parcelas que superan o 80 por cento de pendente”, polo que “non estamos a falar dunha Denominación de Orixe máis nin de seguir promocionando ao sector, que tamén apoiamos, senón de liñas e axudas específicas” e garantir que a poboación poida vivir deste tipo de produción.

Lembrou que en outras autonomías, como Canarias, existen ese tipo de subvencións, “que van dos 2.310 aos 2.530 euros por hectárea”, e que en rexións como Aosta -Italia- ou Azores -Portugal- se teñen en conta as condicións peculiares das viticulturas extremas. “Iso tamén se pode facer dende a Xunta”, asegurou.

Tamén lle reclamou ao goberno galego que incorpore á denominación áreas agora abandonadas, cunha estratexia de impulso a novas canles de comercialización da denominación e orixe, con medidas de formación e captación de persoal cualificado dun sector que constitúe o motor económico máis importante da zona. Este sector contribúe a asentar poboación e dinamizar o rural, xerando valor engadido dende o punto de vista turístico e cultural.

Puxo en valor o traballo que se fixo dende a Deputación de Lugo, “que iniciou Besteiro e continuou o presidente Tomé, para conseguir ese distintivo de patrimonio mundial e así promocionar un territorio singular, unha forma de traballo singular e unha viticultura singular”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29