Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso advirte de que Galicia atravesa unha situación de alerta sanitaria tras a cascada de dimisións dos xefes de medicina interna

O secretario xeral do PSdeG insiste na necesidade de que a Xunta se sente a falar para priorizar os orzamentos e igualar o investimento galego en sanidade ao resto de territorios de España

O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, advertiu hoxe de que Galicia atravesa unha situación de alerta sanitaria ante a que a Xunta debe actuar de contado tomando medidas como o incremento de investimento e de persoal, tal e como leva reclamando o PSdeG dende hai meses.

Por iso, insistiu na necesidade de que o goberno galego se sente a falar para “priorizar os  orzamentos” de modo que se “iguale o investimento en atención primaria e hospitalaria” ao resto dos territorios de España. “É unha esixencia que ten máis xustificación que nunca”, sentenciou, logo de lembrar da cascada de dimisións dos xefes de medicina interna, “unha parte neurálxica dos sistema sanitario”, en diferentes hospitais galegos, a última delas onte mesmo no CHUS.

Valentín González Formoso engadiu a esta circunstancia a advertencia que fai a propia Valedora do Pobo, quen -en consonancia coa análise que está a facer o PSdeG- incide en que se precisan máis recursos e reforzo de profesionais para facer fronte ao “colapso sanitario” que padece Galicia. Neste escenario, e cando o país se “está enchendo de manifestacións polos catro puntos cardinais”, o líder dos socialistas galegos incidiu na urxencia de que o goberno galego recoñeza esta “situación crítica” e que, tal e como xa admite o presidente da Xunta, se vai “tensionar profundamente durante o verán”.

“Xa estamos no verán”, lembrou Formoso, “e polo tanto vai haber máis problemas de cobertura de prazas por quenda tanto no eido hospitalario, principalmente, como na atención primaria”. Fronte a esta situación, o secretario xeral do PSdeG recordou que “todos os colectivos médicos e sanitarios están pedir que as medidas non sexan parches”, como o ofrecemento de pluses para aqueles facultativos que se cubran voluntariamente vacacións dos seus compañeiros. Isto so “permite dar resposta a unha necesidade para destapar outra”.

Nesta liña, reivindicou que a Xunta se sente a falar coas forzas políticas galegas e que escoite aos expertos para que teña claro que “sen amentar os recursos económicos que se dedican ao sistema sanitario galego é imposible que vexamos resultados a curto prazo”. So iso, afirmou, propiciará que se acade “unha calidade asistencial mínima en Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04