Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso alerta de que os requisitos da Xunta para os socorristas “condenan ás praias de Galicia a ser menos seguras e prestar un servizo deficiente”

O líder dos socialistas galegos urxe unha “rectificación” por un “erro que pode conlevar a perda de vidas”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, advertiu de que o endurecemento dos requisitos impostos pola Xunta para os socorristas “condenan ás praias galegas a ser menos seguras e prestar un servizo deficiente”. Formoso viaxou hoxe ata a praia de Doniños, en Ferrol, onde mantivo un encontro cos alcaldes e portavoces socialistas da comarca para dar a voz de alarma sobre esta situación.

Esixiulle á Xunta “que rectifique ese erro que pode conlevar a perda de vidas” pola falla de vixilancia nos areais galegos. Puntualizou que “as praias de Galicia sempre foron un sitio seguro para os usuarios e os bañistas, e agora deixan de selo porque no van ter cobertura en canto ao número de socorristas que requiren”.

O responsable socialista explicou que o problema deriva do aumento dos requisitos de formación dos socorristas, dende as 80 horas que se piden en Cataluña, Andalucía, Asturias, Euskadi ou Valencia ata as 420 horas. Este requisito, que a Xunta mantén por segundo ano consecutivo, expulsa a centos de mozos e mozas vocacionais e obriga a contratar a través de empresas privadas.

Aceptou a “profesionalización crecente” do servizo, pero que sen embargo “non hai por que renunciar ao servizo público nese ámbito e condenalo á privatización a través de empresas nas que sabemos que o beneficio debe de imperar”.

Sinalou que as outras autonomías costeiras do Estado teñen “zonas tan turísticas como Galicia, onde prestan o servizo en praias máis grandes que Valdoviño”. Estas “non teñen ningún problema cunha formación de 80 horas como toda a vida, cando quen te está ensinando é unha entidade con tanta historia e tradición de salvamento como a Cruz Vermella ou Protección Civil”.

A realidade é que praias como a de Valdoviño, con 3,5 quilómetros de extensión, que debera ter 33 socorristas, este verán terá entre 10 e 13, provocando unha “situación perigosísima que alguén na Xunta ten que entender e polo tanto reaccionar”. Reclamoulle ao goberno galego que baixe os requisitos porque “nunca houbo ningún problema para que un mozo ou moza con vocación de servizo público puidera exercer”.

Ferrolterra

Puxo como exemplo o caso das praias da comarca de Ferrolterra, onde “todas e cada unha das praias quedan cun servizo deficiente, salvo aquelas que privatizan o servizo, que é ao que nos aboca a Xunta co sistema que ten implantado”. Sen embargo trátase dun problema xeneralizado en toda Galicia, e por iso anunciou que repetirán o acto de hoxe nas restantes provincias galegas con costa.

Lembrou que o socorrismo “foi unha vocación persoal e unha práctica voacional dende hai décadas, incluso na preautonomía, prestada a través da Cruz Vermella ou de Protección Civil”. Sinalou que “en realidade a formación non se obtén cun curso, realmente un faise experto vivindo o mar e prestando o servizo” e acadando a práctica necesaria.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57