Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso censura que a anulación da tarxeta básica por parte da Xunta vai “no senso contrario” ás necesidades dos galegos e das galegas

O líder dos socialistas galegos alerta de que a decisión deixa sen axuda a 75.000 persoas con menos recursos

O PSdeG abre o proceso de configuración da estrutura comarcal, que se desenvolverá durante os próximos 3 meses

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, advertiu hoxe que a decisión da Xunta de anular a tarxeta básica vai “no senso contrario” ás necesidades dos galegos e das galegas. Así o dixo logo da reunión da Executiva do PSdeG, que se celebrou hoxe en Santiago e na que acordaron abrir o proceso de configuración da estrutura comarcal, que se desenvolverá durante os próximos 3 meses.

O responsable socialista afeoulle ao presidente da Xunta que teña decidido suprimir unha axuda fundamental para 75.000 galegos e galegas con menos recursos precisamente cos prezos disparados polo efecto combinado da covid e da crise enerxética provocada pola guerra de Ucraína.

Valentín González Formoso criticou a pasividade do goberno galego, que lonxe de ampliar a cobertura, suprime as axudas básicas para os galegos e galegas, mentres deixa sen reforzar a sanidade pública a pesares de que o propio presidente da Xunta recoñecía un tensionamento previsto do sistema pola chegada das vacacións.

A Executiva socialista analizou hoxe a situación de saturación da sanidade galega, que está a cristalizar en protestas dos traballadores e da cidadanía “cada vez máis frecuentes nos entornos sanitarios” pola carencia de persoal, principalmente nos centros de Atención Primaria. Criticou que a Xunta non tome “ningunha medida” malia que “estamos a ver dimisións en todos e cada un dos Hospitais de referencia”.

Criticou que o presidente da Xunta asista impasible a esta situación, e “nin aumenta o persoal para atender as vacantes previstas polas vacacións, nin tampouco queira aumentar os orzamentos para atención primaria nin aumentar o persoal”.

Formoso reclamoulle ademais á Xunta que dedique parte dos 557 millóns de euros que recebe do Estado polo imposto de hidrocarburos para rebaixar 30 céntimos por litro de combustible aos galegos e galegas.

Sinalou a “ausencia de medidas” por parte da Xunta para respaldar á estrutura socioeconómica de Galicia diante dunha situación que “están a sufrir sobre todo sectores estratéxicos como a pesca, o transporte, o agro – gandeiro ou a industria”.

Estrutura comarcal

A Executiva do PSdeG acordou hoxe iniciar o proceso de constitución das estruturas comarcais, pendente dende o ano 2009 e que era un compromiso de Valentín González Formoso. O proceso, que comeza coa constitución das 32 comarcas do partido e elixindo os coordinadores antes do 5 de agosto, se desenvolverá durante os próximos 3 meses.

As comarcas estarán integradas polos secretarios xerais das agrupacións locais, así como alcaldesas e alcaldes e, no seu caso, os portavoces socialistas na oposición, e serán complementarias das estruturas provinciais, co obxectivo de facilitar a coordinación territorial do partido.

O paso tomado hoxe continúa o proceso que comezou coa aprobación da nova estrutura comarcal do PSdeG no Comité Nacional Galego do pasado 7 de maio, dotándose dun Regulamento.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta axudas específicas á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Lara Méndez reivindicou durante unha visita a unha adega da denominación de orixe “unha maior implicación” por parte do Goberno…

06/05/2024 16:20