Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso acusa a Rueda de “deixar de lado” a 75.000 familias galegas ao suprimir a tarxeta básica “sen adoptar unha soa medida altenativa”

Reclama “unha mínima sensibilidade” coas rendas medias e baixas e defende o decálogo de medidas presentadas polo PSdeG para facer fronte á crise en Galicia

O líder dos socialistas galegos esíxelle ao PP “menos romarías políticas e máis ciencia e máis traballo para a xuventude galega”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, acusou hoxe ao presidente da Xunta de eliminar a tarxeta básica que garantía acceso a produtos básicos para 75.000 familias galegas “sen adoptar unha soa medida alternativa”. Formoso participou no último tramo da andaina de Special Olympics en Compostela xunto co alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo.

Advertiu que “non ten sentido a eliminación da tarxeta básica” cando “moitísimas familias están aínda pasando por dificultades económicas e teñen problemas para acceder aos produtos básicos”. Sinalou que o presidente da Xunta “se equivoca se pensa que a situación de excepción económica respecto da pandemia xa pasou”.

O responsable socialista criticou cando Galicia suprime esta axuda ás familias máis necesitadas é o momento que escolle o presidente do PP, Núñez Feijoo, para vir a a Galicia a definir ao seu partido como o das clases baixas e medias. Lembrou que o seu partido é o mesmo da presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, que vén de habilitar bolsas de estudo para persoas con ingresos de máis de 100.000 euros.

Valentín González Formoso apuntou a contradición entre a imaxe que ofrece Feijoo e a realidade dun goberno que “deixa de lado” a quen máis o necesita “sen adoptar nin unha soa medida para as clases medias e baixas que realmente sofren o incremento do custe da vida e os custes dos combustibles”. Criticou que “non amosan unha mínima sensibilidade coas clases medias e baixas, que somos a inmensa maioría”.

Alertou de que “necesitamos que a economía galega teña posibilidades de sobrevivir” co apoio dun goberno que tome medidas dentro das súas competencias. Propuxo empregar precisamente a metade da recadación por consumo de combustible que recae en Galicia, e que en 2021 ascendeu aos 556 millóns de euros para rebaixar o combustible nas estacións de servizo desta Comunidade Autónoma.

Explicou que esta medida forma parte do decálogo de propostas que os socialistas galegos foron os primeiros en poñer enriba da mesa para “darlle unha saía a unha situación economicamente difícil ás familias e os sectores estratéxicos”. Estas inclúen o aumento do tramo exento do IRPF autonómico vencellado á inflación, a rebaixa da ITV nun 75 por cento para profesionais e do 50 por cento xeral.

Tamén propuxo converter ao Igape nunha verdadeira axencia de facilitación de avais e liñas financeiras, a rebaixa do 75 por cento nas taxas portuarias e canon concesionais nos portos autonómicos, ou a rebaixa do 50 por cento nas peaxes das autoestradas galegas. Criticou que “a Xunta ten competencias e non está a adoptar medidas, e nin sequera quere sentarse para ecoitalas”.

Menos romarías e máis traballo

O líder dos socialistas galegos reclamoulle ao PP “menos romarías políticas e máis ciencia e máis traballo para a xuventude galega”. Así o dixo en resposta ás preguntas dos xornalistas galegos sobre a romaría de onte en Galicia que anticipa unha longa precampaña de ano e medio ata as próximas eleccións municipais.

Formoso dixo que “non nos preocupan ese tipo de romarías, nós faremos a nosa festa de xeito respectuoso”, e subliñou que “a nosa romaría pasa hoxe por apoiar ao colectivo de discapacitados” participando hoxe na andaina organizada por Special Olympics, “e soñando en Santiago pola apertura dun novo camiño que permita aos investigadores quedarse a traballar na súa cidade”.

Subliñou que “nos preocupamos máis de ilusionar ás vilas e cidades” de Galicia, e lembrou que os socialistas tiveron nos últimos comicios municipais máis alcaldías que o PP na provincia de A Coruña, ademais de gobernar 3 das 4 deputacións, 110 localidades e o 62,2 por cento da poboación, incluíndo Vigo, Santiago, Lugo, A Coruña, Ferrol ou Vilagarcía.

Subliñou que o PSdeG é “a forza política máis vinculada á sociedade, a que máis se parece a Galicia, capaces de ilusionar ás nosas vilas con tranquilidade, normalidade, con respecto ás tradicións e sen deixar de ser ambiciosos na busca dun futuro distinto para os veciños e as veciñas”.

O alcalde de Santiago, o socialista Xosé Sánchez Bugallo, sinalou neste sentido que “hai forzas políticas que hai moito que empezaron” o camiño cara ás próximas municipais, e apuntou que “ningunha cidade pode permitirse o luxo de estar ano e medio en campaña electoral”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08