Categorías: Actualidade

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na UCI

A parlamentaria socialista Carmen Rodríguez Dacosta esíxelle á Xunta que consensúe unha resposta ao colapso na área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras. Dacosta presentou unha batería de iniciativas parlamentarias diante da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e das serias deficiencias materiais nas novas instalacións da UCI.

A responsable socialista sinalou a denuncia da coordinadora de Facultativos Independentes de Ourense -FIOU-, que aglutina a máis de 400 facultativos e farmacéuticos da área sanitaria, que manteñen un calendario de mobilizacións semanais dende o pasado mes de febreiro, co apoio das organizacións sindicais e do colexio de médicos de Ourense.

Dacosta leva ao Parlamento as demandas dunha sanidade digna logo de anos de deterioro pola xestión lamentable por parte da xerencia, con déficit de contratacións, xubilacións e falta de planificación das necesidades de persoal sobre unha área envellecida, ademais de demostrar unha notable “falta de empatía a nivel humano” coa plantilla. Sinala a precariedade do persoal sanitario de tódalas categorías, que a día de hoxe arrastra as consecuencias da pandemia.

Apunta que a situación resulta especialmente grave nos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación, UCI e Atención Primaria, onde “o cadro profesional traballa ao 200 por cento, unha situación insostible”, especialmente dende xaneiro do ano pasado, sen que o Sergas tome ningunha medida.

Ademais, explicou, no persoal de enfermaría e auxiliares da UCI do hospital veñen reclamando que o Sergas repare as deficiencias materiais das novas instalacións, que provocan a falta de visión dos doentes dende o control de enfermaría. Tamén reclaman unha quinta enfermeira, sen que o Sergas tome ningunha medida, mantendo contratos de dous en dous meses, polo que é “imposible” afianzar profesionais nun servizo tan complexo.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18