Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Luis Álvarez advirte de que a Xunta vai “en sentido contrario ao que precisa a sociedade” e anuncia que levará ao pleno do Parlamento iniciativas para recuperar a Tarxeta Básica

O portavoz do Grupo Socialista pon de relevo a estabilización de 67.300 profesionais sanitarios anunciada por Pedro Sánchez e insta ao goberno galego a cumprir o acordo parlamentario para mellorar a contratación e as condicións laborais no sistema sanitario galego

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, anunciou hoxe que o PSdeG levará ao vindeiro pleno do Parlamento iniciativas para a protección das persoas máis necesitadas e, en consecuencia, para que a Xunta recupere de maneira inmediata a Tarxeta Básica. “Non vale con dicir que non hai alternativas”, afirmou Álvarez, “xa que estamos ante unha cuestión de mera vontade política”.

Para apuntalar esta idea, o voceiro socialista explicou que a última liquidación trimestral dos orzamentos do goberno galego, coñecida a semana pasada, evidencia un incremento de 87 millóns de euros adicionais sobre as previsións iniciais. Paralelamente, “a Xunta, sen ningún tipo de solución de continuidade, elimina Tarxeta Básica, co cal deixa a máis de 75.000 familias galegas sen unha axuda crucial neste momento e que tivo un custo de 31 millóns de euros no ano 2021”. Polo tanto, o goberno galego “dispón de recursos e agora ten que ter vontade política para continuar coa protección das persoas máis desfavorecidas”.

Porén, o portavoz do Grupo Socialista lamentou que as medidas que está a adoptar o goberno galego vaian xusto “en sentido contrario do que precisa a sociedade” e nunha situación “moi complexa derivada, en primeiro lugar, da pandemia e, en segundo lugar, da invasión de Rusia a Ucraína. Xa con carácter previo a esta situación, Luís Álvarez lembrou que Galicia tiña, segundo os datos do ano 2020, un escenario “extraordinariamente preocupante”, cun incremento de case 40.000 persoas en risco de pobreza severa e exclusión social con respecto ao ano anterior.

En consecuencia, “son máis necesarias que nunca declaracións e actuacións dos gobernos que dean tranquilidade e protección á poboación”. Fronte a isto, Luis Álvarez lamentou que a Xunta vaia “xusto en sentido contrario”, con actuacións que empeoran a situación das persoas máis necesitadas e con declaracións públicas que so pretenden desgastar ao goberno central e que “xeran unha crispación innecesaria e inasumible na sociedade”.

Por iso, reclamoulle ao goberno galego que se sitúe “á altura das circunstancias” e recupere de inmediato a Tarxeta Básica. Tamén demandou celeridade á hora de activar a posta en marcha na nosa comunidade de medidas que forman parte do escudo social. Fixo referencia neste senso ao bono aluguer xoven (de 250 euros), “que financia por completo o goberno do Estado e que Xunta publicita como actuación propia”. “Venden o que pagan outros e non fan o que depende deles”, sentenciou ao tempo que advertiu de que a suposta xestión do goberno galego “se reduce a un mero exercicio contable” xa que “non desenvolve políticas para axudar aos máis necesitados”.

Estabilización do persoal sanitario

Por outra banda, Luis Álvarez puxo tamén de relevo a estabilización para 67.300 profesionais sanitarios, anunciada por Pedro Sánchez. “Vai na liña do que vimos demandando dende o PSdeG”, explicou antes de engadir que, ademais, “en Galicia é máis necesaria que noutras comunidades” porque “a situación é peor que no resto”.

Neste sentido, o portavoz do Grupo Socialista incidiu en que “necesitamos ter no sistema público sanitario de Galicia 821 médicos máis para estar na media do Estado”. En paralelo, recordou que “a estas alturas poderían terse contratado 241 médicos máis”, tendo en conta os datos reais da última OPE da Consellería de Sanidade.

Con este obxectivo, insistiu na necesidade de que se cumpra o acordo unánime acadado a semana pasada no Parlamento a instancias do PSdeG. Nese acordo, como puntos destacados, instábase á Xunta a comprometer a convocatoria de prazas de todas as categorías implicadas na atención primaria e, ao mesmo tempo, abrir mesa de diálogo para mellorar as condicións do persoal.

“Son demandas sociais para unha axeitada atención sanitaria e tamén do colectivo de persoal sanitario, que reitera que as medidas propostas pola Xunta son meros parches e que non queren cobrar máis por traballar peor”, concluíu Álvarez.

Reunión Rueda-Sánchez

Finalmente, Luis Álvarez confirmou que o presidente do goberno, Pedro Sánchez, recibirá ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda en xullo, unha vez concluídos os compromisos internacionais derivados do celebración do cumio da OTAN en Madrid.

“Non teñan dúbida”, dixo en resposta a preguntas dos medios de comunicación, “de que o presidente cumprirá a promesa dada de recibir a Rueda este mes, a diferencia do que fixo Feijoo con outros portavoces e secretarios xerais dos partidos da oposición”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18