Categorías: Actualidade Novas Portada

O PSdeG alerta de que Galicia non pode resignarse a seguir no furgón de cola da creación de emprego e insta á Xunta a aproveitar as sinerxias creadas pola reforma laboral

O secretario de Emprego, Pedro Blanco, lamenta que Galicia presente o segundo peor dato de todas as comunidades en creación de emprego e en loita contra o desemprego en termos interanuais

 

O secretario de Emprego do PSdeG, Pedro Blanco, alertou hoxe que de que Galicia non pode conformarse con seguir “no furgón de cola da creación de emprego de todo o Estado” e reclamou “un cambio de rumbo” nas políticas laborais do goberno galego para “aproveitar de maneira decidida e efectiva as sinerxias creadas pola reforma laboral”.

 

O responsable socialista realizou estas declaracións tras constatar que, segundo os datos coñecidos hoxe, Galicia presenta a segunda peor cifra de redución do paro rexistrado en todas as comunidades autónomas en termos interanuais. Así, salientou que mentres no resto de España se está a reducir o desemprego nun 20,3 por cento, en Galicia o ritmo de está sendo de case a metade, xa que a baixada limítase a un 10,6%.

 

A maiores afondou en que a creación de emprego tamén presenta un saldo negativo en relación co resto do Estado. Se no último ano este parámetro experimentou un ascenso do 2,6 por cento na nosa comunidade, no conxunto de España ese aumento elévase ao 4,5 por cento. A maiores, afondou en que o paro afecta especialmente ás mulleres en Galicia, que representan un 58,5 % do desemprego.

 

Para o secretario de Emprego do PSdeG, a razón dos peores rexistros de Galicia en comparación con outras comunidades autónomas débese “á falta de acción política” do Partido Popular na Xunta. “O goberno galego”, advertiu Blanco, “non está sabendo aproveitar as sinerxias creadas pola reforma laboral, recentemente aprobada polo goberno central, ao contrario do que si está a acontecer noutros territorios”. Probablemente isto se deba a que “o PP, ao igual que algunhas outras formacións, non cre nunha reforma que, malia o seu voto en contra, si está demostrando a súa capacidade para cambiar a mellor o escenario laboral do país”.

 

En consecuencia, Pedro Blanco incidiu na necesidade de que a Xunta “se poña a traballar canto antes”. “Cómpre”, subliñou, “un cambio de políticas no goberno galego que aposte de maneira efectiva e decidida pola creación de emprego e, sinaladamente, pola creación de emprego de calidade”.

 

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Espinosa pide garantir equidade real no acceso a diagnóstico e tratamento para persoas con enfermidades raras

A deputada socialista valora que a nova estratexia galega conte con dotación económica pero advirte…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta “feitos concretos, prazos verificables e compromisos reais” para a reforma integral do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense

Carmen R. Dacosta sinala que Educación “non está á altura” ao negarse a tomar medidas…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que o PP use celebracións coma o Ano Castelao para “lavar o pasado”

Silvia Longueira, sobre a “desideoloxización a través do tempo” da figura do político e artista…

12/02/2026
  • Secretaría Xeral

O PSdeG impulsará unha declaración institucional para apoiar que só os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro sexan considerados economía social

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor nunha reunión con…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista responsabiliza á Xunta do derrubamento de Monte Neme porque “non fixo absolutamente nada” dende o anterior accidente hai 12 anos

Patricia Iglesias esíxelle á conselleira de Industria que asuma as consecuencias da súa “inacción prolongada”…

11/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia o abandono dos dous colexios de Zas: “Hai que levar chuvasqueiro e casco”

Patricia Iglesias reclamoulle á Xunta que execute as reformas máis urxentes antes do vindeiro curso…

11/02/2026