Categorías: Actualidade Novas Portada Secretaría Xeral

Formoso reclama á Xunta un plan de axudas propio para paliar a alza dos combustibles nos sectores do transporte, pesca e agrogandeiro

O líder dos socialistas galegos pídelle ao goberno galego que empregue parte dos 550 millóns de euros que recibe polo imposto de hidrocarburos para complementar o plan de axudas do Executivo central

 

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, dirixiuse hoxe dende Lugo ao goberno galego para reclamarlle que empregue os recursos propios para apoiar aos sectores máis afectados pola suba dos combustibles, como son o transporte, a pesca e o sector agrogandeiro. Subliñou que se trata de sectores estratéxicos entre os máis afectados pola alza dos combustibles.

 

Formoso lembrou que Galicia está a recibir o 58 por cento do que se recada polo imposto de hidrocarburos o que supón uns ingresos 550 millóns de euros polo combustible que consumen os galegos e galegas.

 

Pediulle ao goberno galego que empregue parte destes ingresos para habilitar unha liña de axudas complementaria ao plan que vén de anunciar o presidente do goberno. Lembrou que Galicia “ten capacidade económica para habilitar unha liña de axudas que permita ás familias galegas levar con máis facilidade a alza de prezos do combustible”.

 

O responsable socialista instou así ao Executivo autonómico que faga uso das súas competencias e os recursos dos que dispón para facer máis que poñer parches como ata agora, e que habilite un auténtico plan de choque para paliar as consecuencias económicas da guerra de Ucraína.

 

Sinaloulle neste sentido ao goberno galego que tome exemplo das administracións gobernadas polos socialistas galegos, como o caso das deputacións provinciais, que teñen demostrado que é posible habilitar estas axudas logo de escoitar as necesidades dos sectores que peor o están pasando.

 

Emprazou ao presidente da Xunta a deixar de criticar as medidas do goberno incluso antes de coñecelas, e poñerse mans á obra para axudar aos galegos e galegas. Apelou ao segundo plan de medidas contra a crise, anunciado onte por Pedro Sánchez, que suma 15.000 millóns de euros e que habilitará un bono de 200 euros para 140.000 fogares galegos, e a suba do 15 por cento das pensións non contributivas para 37.000 galego e galegas, un  total de 170.000 familias galegas que se verán beneficiadas por estas dúas medidas.

 

Lugo

 

Valentín González Formoso participou hoxe en Lugo no día que se cumpre o 350 aniversario do tradicional acto de entrega da ofrenda do Antigo Reino de Galicia, no que cualificou como un “día importante para unha cidade moi dinámica, esperta e con fame de futuro como é a cidade de Lugo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Espinosa pide garantir equidade real no acceso a diagnóstico e tratamento para persoas con enfermidades raras

A deputada socialista valora que a nova estratexia galega conte con dotación económica pero advirte…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta “feitos concretos, prazos verificables e compromisos reais” para a reforma integral do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense

Carmen R. Dacosta sinala que Educación “non está á altura” ao negarse a tomar medidas…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que o PP use celebracións coma o Ano Castelao para “lavar o pasado”

Silvia Longueira, sobre a “desideoloxización a través do tempo” da figura do político e artista…

12/02/2026
  • Secretaría Xeral

O PSdeG impulsará unha declaración institucional para apoiar que só os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro sexan considerados economía social

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor nunha reunión con…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista responsabiliza á Xunta do derrubamento de Monte Neme porque “non fixo absolutamente nada” dende o anterior accidente hai 12 anos

Patricia Iglesias esíxelle á conselleira de Industria que asuma as consecuencias da súa “inacción prolongada”…

11/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia o abandono dos dous colexios de Zas: “Hai que levar chuvasqueiro e casco”

Patricia Iglesias reclamoulle á Xunta que execute as reformas máis urxentes antes do vindeiro curso…

11/02/2026