Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Luis Álvarez corrixe a Rueda sobre a situación da sanidade galega: “O problema non é para nada puntual senón sistémico e continuo”

O portavoz do Grupo Socialista eloxia o “impulso decidido” do PSdeG á reforma da lei do xogo fronte a unha Xunta que “reacciona a golpe de titulares” tras anos sen avanzar neste cambio legal “tan necesario”

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, corrixiu hoxe as declaracións do presidente da Xunta nas que atribuíu o colapso que está a padecer a sanidade galega a unha situación puntual. “Nada de puntual”, obxectou Álvarez antes de poñer as cousas “no seu punto xusto”: “O que ocorre en Galicia é un problema continuo e sistémico tanto en atención primaria, como en especializada ou hospitalaria”.

Neste escenario, o portavoz socialista advertiu que “cando a nosa comunidade é a única que desinviste en sanidade” non estamos ante “un problema para o PP ou para a Xunta”, senón “para o conxunto dos galegos e galegas”. Así, tras remarcar que “o primeiro paso para resolver un problema é recoñecelo”, Luis Álvarez lembrou que dende o PSdeG xa están a facer propostas para solucionar esta situación.

Lembrou, por exemplo, a última trasladada polo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e que pasa por incrementar en 140 millóns de euros os orzamentos do ano 2023 para resolver os problemas da sanidade galega e equiparar a media de investimento neste eido coa que teñen o resto de comunidades do Estado. Anunciou ademais que o PSdeG seguirá facendo novas propostas neste eido “porque estamos para mellorar a  vida dos galegos e galegas e non para desgastar ao PP, que xa se desgasta el só”.

Fronte a esta actitude construtiva, Luis Álvarez lamentou que a Xunta, “que se preza de ser o mellor xestor do Estado e da historia”, non sexa quen de “artellar un espazo de solución para esta problemática”. Neste senso, alertou sobre “a falta de previsión do goberno galego”, da que “levamos advertindo dende hai anos” e que confirmou esta fin de semana a Sociedade española de médicos de familia ao denunciar que a Xunta non está preparada para cubrir as 1.200 prazas de médicos que se van xubilar na nosa comunidade nos vindeiros 5 anos.

“Afirmacións como esa”, sostivo Álvarez, “evidencian que o PSdeG estaba no certo e que non se trataba de ser alarmistas ou de intentar desgastar dende a oposición” senón de advertir “dun problema que se vía vir de lonxe”. Ao fío disto, laiouse de que a Xunta non estea preparada para enfrontarse a “unha situación complicada”, sobre todo cando “resulta doado moi predicir cantos profesionais da medicina se van xubilar cada ano en cada unha das distintas especialidades”.

En paralelo, Luis Álvarez amosouse escéptico sobre a posibilidade de que o conselleiro de Sanidade poida realizar algún anuncio de mellora na súa comparecencia de mañá no Pleno do Parlamento. “As escusas que vai poñer están tan repetidas que ata o papel está amarelo e a piques de considerarse un incunable da documentación sanitaria de Galicia”, dixo.

Nesta liña, augurou que Julio García Comesaña volverá a culpar ao goberno central pola falta de prazas MIR, “cando a Xunta renunciou a formar nos últimos anos a 155 especialistas”. Aínda que “se cadra”, ironizou, “en combinación coa consellería de Vivenda aparece con algún anuncio de vivendas prefabricadas para facilitar a cobertura de prazas médicas”

Lei do xogo

Luis Álvarez tamén lamentou hoxe que a Xunta de Galicia só reaccione a golpe de titulares e se marque agora o ano 2022 para aprobar a nova Lei do xogo. Criticou que o goberno galego leve máis de catro anos de tramitación para derrogar a norma do ano 1985, cando a día de hoxe se sabe que “hai 25.000 menores galegos que se atopan en risco de converterse en ludópatas”.

Fronte a esta pasividade e demora, Álvarez incidiu en que o PSdeG leva advertindo dende hai tempo deste problema e “lamentablemente temos que ser nós, o PSdeG, quen impulse decididamente esa reforma legal”. Por iso, reclamoulle explicacións á Xunta sobre por que ata o de agora “non foi quen de avanzar neste proxecto legal tan necesario”.

“Non son proactivos”, dixo en referencia a unha Xunta que semella que non fai capaz de avanzar neste asunto cando “este problema non é novo, aínda que se puidese ver agravado pola pandemia”.

Viaduto A-6

Ao mesmo tempo, Luis Álvarez criticou a “lamentable reacción” da conselleira de Infraestruturas ante a caída do viaduto da A-6 e pediulle que deixe de intentar sacar rédito político desta situación. “Hai formas e formas de reaccionar”, zanxou e, neste caso, avogou por “investigar e priorizar a seguridade nese tramo” no canto de empregar calquera incidente para cuestionar aos demais gobernos.

Así, ante un colapso que “carece de antecedentes” na historia da enxeñería civil española e que puido deberse a algún problema oculto na estrutura que pasou inadvertido, o voceiro do Grupo Socialista lamentou que a Xunta se limite “a pedir sempre seriedade, como se iso fose necesario, e a cuestionar aos demais como se eles foran infalibles”.

Nesta liña, preguntouse cal sería a reacción da conselleira de Infraestruturas se isto sucedese nunha estrutura supervisada por ela e, dende o ámbito político, lle dixesen como tiña que facer o seu traballo, “que é o que ela lles está a dicir aos técnicos do Ministerio”.

Ao mesmo tempo, lembrou “o último gran éxito das predicións da Xunta” cando Feijoo asegurou, en base a informes, que o AVE non chegaría a Galicia ata o 2024. “A maior evidencia de que non son tan solventes como din”, lembrou o voceiro socialista, “é que o AVE chegou en decembro de 2021”.

Neste contexto, sobre as dúbidas expresadas pola conselleira en relación ao prazo para a chegada dos trens Avril a Galicia, Luis Álvarez lembrou que “a súa historia recente non está chea de éxitos predictivos precisamente”. En calquera caso, sinalou que “a súa chegada dos realizarase cando se dean todas as circunstancias para que se poida levar a cabo con total seguridade e garantías para os viaxeiros”.

Incidente na comisión 4ª

Para rematar, Luis Álvarez cualificou de “inaceptable” o comportamento da presidenta da Comisión 4ª do Parlamento, despois de que o pasado venres decidise acumular o debate de dúas proposicións non de lei “co feble argumento de que ambas se referían a formatos dixitais”. “É o mesmo”, exemplificou, “que se o fixese con dúas iniciativas para mellorar dous centros escolares diferentes porque os dous teñen aulas”.

Esta situación orixinou as protestas dos grupos da oposición e o posterior abandono da comisión por parte das deputadas e deputados de PSdeG e BNG. Álvarez lembrou que a presidenta do comisión ten a potestade de ordenar o debate e acumular propostas, pero non pode facer “un uso carente de criterio desa potestade”. “Ante esta situación absolutamente inaceptable”, presentouse unha queixa formal ante o presidente do Parlamento.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13