Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso alerta de que a falta de acción política da Xunta conduce a Galicia cara a “un deserto industrial”

O secretario xeral do PSdeG reclámalle á Xunta que asuma as súas competencias en materia de industria e active políticas activas e plans de apoio a emprendedores e ao tecido produtivo xa consolidado

Formoso anuncia que o PSdeG demandará que a Xunta inclúa unha partida nos orzamentos de 2023 para construír a circunvalación do polígono de Carballo e sacar o tráfico pesado do centro da vila, como piden os empresarios

O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, alertou hoxe de que a ausencia de acción política da Xunta está a conducir a Galicia cara a “un deserto industrial”.  Así o advertiu antes de manter unha xuntanza cunha representación da asociación de empresarios de Carballo, onde incidiu en datos que “nos deben facer ser conscientes da situación francamente preocupante que atravesa o sector da industria en Galicia”.

O líder dos socialistas galegos lembrou que, no que vai de ano, a produción industrial en Galicia caeu un 7 por cento mentres que en España se incrementou nun 2 por cento. A maiores, subliñou que os últimos datos, correspondentes ao mes de abril, evidencian unha baixada dun 8 por cento, o que nos sitúa á cola de todas as comunidades do Estado. Neste contexto, a pasividade e a inacción da Xunta fai que Galicia está cada vez máis lonxe de acadar o obxectivo marcado por Bruxelas de que o sector industrial xere o 20 por cento do PIB.

En paralelo, Formoso advertiu de que hoxe en Galicia temos 60.000 empregos menos no sector industrial que no ano 2009. E a situación é aínda máis grave se se analizan as cifras do emprego en xeral. Así, nese mesmo período, a nosa comunidade perdeu máis de 100.000 postos de traballo, cando en España hai case un millón de ocupados máis.

Neste escenario, Formoso reivindicou a necesidade de que a Xunta asuma dunha vez por todas as competencias que lle outorga o Estatuto de Autonomía en materia de industria. Deste xeito, avogou pola posta en marcha de políticas activas e reindustrializadoras que inclúan liñas de apoio aos emprendedores.

Esas medidas, incidiu, tamén deben aplicarse para o tecido produtivo industrial xa consolidado  e exportador, “que está a buscar cada día o seu espazo na economía non só galega e nacional senón, tamén na europea e internacional”.

Apoio do PSdeG á construción da circunvalación do polígono de carballo

Formoso realizou estas declaracións antes de manter un encontro con representantes da Asociación de empresarios do polígono de Carballo, aos que lles amosou o seu apoio ás súas demandas.

De maneira específica, o secretario xeral do PSdeG anunciou que os socialistas reclamaranlle á Xunta que nos orzamentos do vindeiro ano inclúa unha partida para retomar o proxecto para construír a circunvalación do polígono de Carballo.

Formoso comprometeuse así cunha necesidade na que fixeron especial fincapé os empresarios. A circunvalación permitiría evitar que todo o tráfico pesado que entra e sae da zona teña que pasar polo casco urbano do municipio e deixe de afectar incluso a zonas escolares, tal e como sucede na actualidade.

Por outra banda, o líder dos socialistas galegos tamén expresou o apoio do PSdeG a outras das peticións realizadas polo tecido empresarial. Entre elas está o aumento de chan industrial. Nesta liña reivindicou unha ampliación do polígono que a Xunta de Galicia, a través de Xestur, “xa debería estar facendo”.

Ademais, Formoso incidiu na necesidade de actualizar e dixitalizar o parque empresarial de Carballo nos ámbitos “que demanda hoxe en día a economía produtiva e que son as telecomunicacións”.

Tamén apostou -á marxe da necesaria circunvalación- por mellorar as infraestruturas dun polígono que presta servizo loxístico á comarca de Bergantiños e, sobre todo, a Carballo. Por iso, demandou a implicación na súa mellora de todas as administracións, algo para o que comprometeu o apoio da Deputación da Coruña.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38