Categorías: Parlamento de Galicia

Leiceaga reclama a Feijóo que explique a utilización da Xunta “ao servizo do PP” tralo cambio de delegado en Vigo

Santiago, 14 de xullo de 2019. O presidente do PSdeG e voceiro parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe que pedirá a comparecencia de Feijóo para explicar por que pon a delegación da Xunta en Vigo “ao servizo do PP” e non, como debera, enfocada a “todos os vigueses”.

Un día antes da toma de posesión da presidenta da xestora do PP en Vigo, Corina Porro, como delegada da Xunta na cidade olívica, Fernández Leiceaga reprobou que Feijóo “puxo nas súas mans” esta oficina xusto despois de “encargarlle reconstruír o partido” a consecuencia da súa desfeita electoral.

“Alimenta unha confusión, que nos parece perigosa para a calidade democrática, entre o plano partidario e o plano institucional”, recalcou o dirixente socialista, e reclamou a Feijóo que dea “explicacións” sobre este tipo de decisións

Ademais, Fernández Leiceaga observou que “chama a atención” que “a resposta de Feijóo” tras dúas derrotas electorais consecutivas, en alusión á caída do PP galego á segunda posición nas eleccións xerais e europeas, non sexa acometer cambios nas súas políticas senón nos cargos.

“En vez de impulsar novas liñas ou novas accións en materia de vivenda ou de emprego para dar resposta ás necesidades da cidadanía, a resposta de Feijóo se limita a cambiar internamente de posición a uns e outros”, incidiu o presidente do PSdeG, quen sinalou como o caso máis destacado desta praxe o nomeamento de Corina Porro.

“POÑERLLE COTO”

“A confusión entre política partidaria e institucional deteriora gravemente a democracia e a acción pública”, engadiu Fernández Leiceaga, crítico con que Feijóo acometa cambios no organigrama da Xunta para facer política de partido en Vigo, onde o PP quedou arrasado nas eleccións municipais.

“Temos que poñerlle coto”, sinalou o voceiro parlamentario socialista, consciente de que Feijóo non pode utilizar a delegación da Xunta en Vigo para os intereses do PP, sen respectar á cidadanía que non lle votou, como cando convocou un acto partidista nas instalacións de San Caetano.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08