Categorías: Actualidade

O traballo sensato do Grupo Socialista e a desorientación estratéxica do PP sitúan ao PSdeG como alternativa de goberno

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, sinalou hoxe que os resultados das últimas convocatorias electorais e o “traballo sensato” despregado polos socialistas galegos no Parlamento os sitúan como única “alternativa” viable ao PP. O responsable socialista fixo hoxe un balance do período de sesións, xunto coa viceportavoz Patricia Vilán, no que advertiu da “desorientación estratéxica do PP” e cun Feijóo “incapaz de reaccionar” institucionalmente.

Fernández Leiceaga advertiu da “responsabilidade e a oportunidade” que supón o novo horizonte electoral para os socialistas galegos, coa obriga de “concentrar as demandas de cambio e as expectativas dun novo goberno”. Alertou sen embargo do risco de desmobilización pola “ruptura do espazo de ruptura”, en alusión á fragmentación de outras forzas da esquerda, que deben conxurar “consecuencias electorais indesexadas” como sucedeu en Grecia.

Os socialistas desempregaron neste período de sesións, dixo, un “traballo sensato” co acento posto na situación da sanidade pública, a falla de resposta do goberno conservador ás necesidades de vivenda, ou ao equilibro territorial en termos de servizos e oportunidades de emprego, propoñendo un mapa de servizos que permita superar o declive demográfico.

Nestes seis meses, os socialistas impulsaron unha Lei de Regulación dos Grupos de Interese, como medida de freo á corrupción, que foi rexeitada polo PP, e propuxeron por exemplo unha axenda de autogoberno que tamén foi desbotada polos de Feijóo.

Pedro Sánchez

Anunciou que os socialistas continuarán defendendo os intereses de Galicia fronte ao goberno de Pedro Sánchez que, subliñou, “está cumprindo nos temas importantes que lle interesan a Galicia”. Sinalou a solución para as factorías de Alcoa en A Coruña e Avilés, que acadou “un respiro de varios anos” aos traballadores da planta galega polo “traballo serio” do Ministerio de Industria, afastado da “pantomima” que representou o PP neste asunto.

Fernández Lecieaga advertiu tamén que a demanda da avogacía do Estado fronte aos Franco abre unha nova vía “sólida e esperanzadora” para recuperar o Pazo de Meirás. O portavoz socialista defendeu o traballo “máis sólido aínda que máis lento” do Estado, que comparou coa demanda máis feble e infructuosa para recuperar as esculturas de Isaac e Abraham por parte do Concello de Santiago cando estaba dirixido por Compostela Aberta.

Negouse sen embargo a respaldar a “estratexia de publicidade e desgaste” impulsada na “campaña de demagoxia” da Xunta para reclamarlle 700 millóns de euros a Madrid aínda sabendo que non poderán acadarse mentres non haxa un goberno constituído nin orzamentos aprobados. A situación, dixo, deriva unicamente da “arquitectura da austeridade” do PP, e puntualizou que “o goberno non discute se se van enviar os fondos, senón cando o poderán facer”.

Desorientación estratéxica

O portavoz do Grupo Socialista alertou da “desorientación estratéxica” amosada polo PP, que “fronte ao descontento da cidadanía só responde con inercia e incapacidade de acción”. Así o demostrou coa súa resposta de abstención no Parlamento fronte a cuestións “simples pero importantes” propostas polos socialistas galegos, como a Lei para pedir a transferencia de tráfico, que antes defenderan no Congreso, a axenda de descentalización ou o apoio á Lei do aborto.

Advertiu que esta posición responde á “viraxe á dereita” iniciado pola dirección do PP, que provoca “presión” en territorios como Galicia, onde buscan “un público máis amplo” que o situado estritamente no perfil conservador. Sinalou que Feijóo “mira de esguello” a Vox para “ver o que se pode dicir e o que non”, concedéndolle a Abascao un papel de “supercicuta da dereita”, en alusión á personaxe do histórico programa televisivo “Un, Dos, Tres”.

Sinalou ademais á “dificultade” manifesta polo presidente da Xunta para cubrir os postos institucionais vacantes, como o caso da Valedora do Pobo, logo da súa “dimisión simulada en diferido” despois de ser condenada por facerlle un posto á medida da irmá do portavoz do Grupo Popular, o presidente da CRTVG, o Consello Social da USC e agora o CES.

Fracaso estrepitoso

Dixo que o PP “ve como os seus apoios en Galicia diminúen notablemente”, e que os conselleiros enviados a conquistar as grandes cidades fracasan estrepitosamente. Sinalou que “e en vez de tomar nota e dar unha resposta política seria no goberno, Feijóo aposta por pechar filas e mover ás mesmas pezas de sempre no taboleiro”.

Denunciou a súa “instrumentalización” do Parlamento, como demostrou coas comisións de investigación do Marisquiño e de Sanidade, aínda pendentes de aprobar as súas conclusións e demostrando así que foran concibidas cun único interese electoral e para “bailarlle a auga ao PP”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08