Categorías: Actualidade

Máis seguridade no Porto de Malpica

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle hoxe á Xunta de Galicia que “abandone o sectarismo” para apoiar ao Concello de Malpica, sinaladamente na mellora da seguridade do Porto e no mantemento dos servizos públicos. O responsable socialista trasladouse hoxe ata esta localidade da comarca de Bergantiños, onde mantivo un encontro co seu alcalde, o socialista Walter Pardo, e membros da Corporación municipal.

O responsable socialista lembroulle ao goberno galego que aínda non cumpriu co acordo parlamentario do pasado mes de febreiro, logo do accidente mortal que tivo lugar en decembro, para mellorar a seguridade no Porto, levar a cabo a dragaxe da dársena, mellorar a iluminación e alargar o espigón e o dique de abrigo.

Ademais, reclamoulle ao goberno galego “colaboración” e “unha actitude máis xenerosa” para apoiar aos concellos pequenos na prestación de servizos públicos, fundamentais para paliar a perda de poboación. Lembrou que “moitos concellos conseguiron xa que os gastos correspondentes aos centros sociais e educativos foran asumidos polo goberno galego”.

Leiceaga explicou que a visita ao Concello Malpica está enmarcada dentro da rolda de encontros cos novos alcaldes socialistas e trasladar ao Parlamento de Galicia as necesidades destes concellos co obxectivo de “romper coa inercia e a parálise” amosada polo goberno galego. Os encontros comezaron a semana en A Cañiza e continuarán en breve, dixo, en Cee, Carnota ou Boiro.

Alcalde

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, instou á colaboración do goberno galego para atender ás necesidades básicas do Concello, como é a mellora da seguridade portuaria, o impulso ao parque empresarial ou o apoio ao sector pesqueiro. Explicou que o proxecto socialista para o concello pasa tamén pola mellora do saneamento das parroquias, acadar un novo Centro de Día ou o impulso do turismo, sinaladamente coa homologación de seguridade necesaria no Camiño dos
Faros.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08