Categorías: ActualidadeParlamento de Galicia

O Grupo Socialista denuncia “opacidade e descontrol” na xestión do Sergas

Julio Torrado denuncia que segundo o Consello de Contas, 8 de cada 10 contratos “a dedo” do goberno corresponden ao Sergas, que rexistra un 29 por cento de gasto irregular, ademais dos 159 millóns de euros covid “extraviados” sen explicación

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, denunciou hoxe a “opacidade e descontrol” na xestión do Sergas segundo alertan os informes do Consello de Contas, que alertan de graves irregularidades contables na sanidade galega, que supón o 40 por cento do gasto público da Xunta. O responsable socialista presentou no Pleno do Parlamento unha interpelación diante da “escuridade absoluta” da contabilidade do Sergas.

Torrado presentou no Pleno do Parlamento os informes do ente fiscalizador da Comunidade Autónoma para alertar dunha “xestión opaca e preocupante” por parte dun ente que aglutina o 83 por cento dos contratos “a dedo” do goberno galego, que son asinados sen publicidade nin concorrencia competitiva. Explicou que esta porcentaxe corresponde a un montante total de 600 millóns de euros que son xestionados “polo método dixital”.

Ademais, o dito informe sobre a contratación do Sergas alerta de que o 60 por cento dos contratos do Sergas “teñen prórrogas sen xustificar”, que “non explican por que continúan, son adiados sen convocar un novo concurso nin explicar a súa excepcionalidade”. Ademais, o 29 por cento dos contratos do Sergas son “irregulares e contrarios á normativa”, segundo apunta o Consello de Contas.

159 millóns de euros extraviados

Julio Torrado esixiulle ao conselleiro de Sanidade que dea conta da xestión dos 159 millóns de euros covid entregados a Galicia dentro dos 418 millóns de euros de aportacións do Estado para sanidade e que foron desviados “a outro lado”, sen que a día de hoxe deran conta de que fixeron con eles.

O conselleiro volveu esquivar as explicacións, máis alá de confirmar hoxe que durante a pandemia a Galicia non lle faltaron recursos para sanidade, en contra de todo o que dixeran daquela tanto o presidente da Xunta como os representantes do goberno galego. Torrado preguntoulle se “non ten curiosidade por saber que pasou con eses 159 millóns de euros que tiña vostede para a súa xestión e alguén dedicou a outra cousa”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18