Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo acusa á Xunta de “non facer nada” diante da caducidade inminente de 100 puntos de conexión para proxectos de enerxía eólica

A viceportavoz do Grupo Socialista Begoña Rodríguez Rumbo acusou á Xunta de “non facer nada” diante da caducidade, o próximo 23 de xaneiro, de 100 puntos de conexión para a instalación de parques eólicos que producirían unha potencia de 2.300MW. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Pleno sobre a “inexistente e caótica política eólica” do goberno galego.

Rodríguez Rumbo reclamoulle á Xunta que “axilice ao máximo a tramitación dos expedientes administrativos pendentes” logo de 5 anos cos proxectos paralizados, aos que sumaron unha prórroga de 9 meses e que seguirán dunha nova prórroga anunciada hoxe.

A responsable socialista sinalou que, segundo os datos da Asociación Eólica de Galicia, estes proxectos suporían un investimento de 10.500 millóns de euros en Galicia e a creación de centos de postos de traballo directos.

Lembrou que o Pacto Verde Europeo fixa ás enerxías renovables como núcleo de transición ás enerxías limpas, mentres o goberno galego tan só instalou 776 MW nos últimos 13 anos, mentres nos anos 2020 e 2021 non autorizaron un só MW, e en 2022 apenas 50,59. Resumiu que “teñen solicitudes por aproximadamente 13.000 MW cando só pretenden levar a cabo 2.300 MW”, como consecuencia da paralización ata hoxe do concurso eólico de 2010.

Advertiu que “teñen pendentes proxectos que dependen exclusivamente da Xunta de Galicia, non do Estado, como pretenden facer crer”, polo que “vostedes teñen que resolver” as autorizacións e explicar “por que seguen a ter pendente toda esa cantidade de proxectos”. Alertou de que a súa falla de política eólica “leva á inseguridade xurídica aos promotores e provoca o rexeitamento da cidadanía, dos concellos, os grupos ecoloxistas e as organizacións agrarias”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21