Categorías: Actualidade

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o proceso de engorde logo de que o goberno de España asumira as obras de dragaxe e as axudas aos afectados

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde, reclamoulle hoxe á Xunta que asuma as súas competencias en materia de Pesca e garanta un Plan de axudas e compensacións aos mariscadores da ría do Burgo logo do remate das actuacións de rexeneración e ata que volva a súa produtividade. Abalde recolleu as peticións da Confraría de Pescadores da Ría de O Burgo nun encontro no que tamén participou a parlamentaria coruñesa Silvia Longueira.

O responsable socialista lembrou que o goberno galego conta coas competencias exclusivas en materia de marisqueo, polo que “debe comezar a darlle solución aos mariscadores e mariscadoras do Burgo, que reclaman compensación económicas xustas unha vez finalizada a dragaxe e ata que os bancos recuperen a súa produción”. Ademais reclamoulle ao Executivo autonómico que faga un seguimento da evolución da semente durante os próximos meses.

Lembrou que o goberno central asumiu o custe das obras de rexeneración, que ascenderon a 33 millóns de euros, e as axudas por inactividade, por unha contía 3,6 millóns de euros, e sinalou que agora é o momento de que o goberno galego poña a súa parte e axude aos mariscadores e mariscadoras durante os 18 a 24 meses que dura o proceso de recuperación efectiva dos bancos.

Abalde presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta estas compensacións e para urxirlle a que estableza un protocolo de seguimento e supervivencia da semente de bivalvos monitorizando a rexeneración dos bancos da ría do Burgo diferenciando as distintas zonas da ría para establecer as características óptimas de explotación.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29