Categorías: Actualidade

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao goberno galego un informe sobre a execución dos fondos

A portavoz de Economía do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, advertiu hoxe que a Xunta deixou sen executar 5,5 de cada 10 euros orzamentados nos fondos europeos. A responsable socialista presentou na Comisión de Economía do Parlamento unha proposta para reclamarlle á Xunta que presente un informe sobre o grao de execución, que o PP rexeitou.

Este voto en contra, dixo, evidencia a “opacidade e nula vontade de xestión compartida” por parte do goberno galego para clarificar as cifras “alarmantes” que puxo enriba da mesa o Consello de Contas, revelando que ano tras ano o goberno galego executa menos da metade destes fondos. Dixo que quedan sen executar 5,5 de cada 10 euros programados, e chegan a pagarse 3 de cada 10 euros que se orzamentan.

Ademais, dixo, case 4 de cada 10 dos 448 proxectos con fondos europeos xestionados pola Comunidade Autónoma quedaron sen ningún pago no exercicio como consecuencia do “caos” e “ineficiencia” na xestión por parte do goberno galego. Subliñou que o Comité de Fondos Europeos da Xunta de Galicia “está practicamente inédito dende a súa creación”, mentres os departamenos que xestionan os fondos agrícolas, da Pesca, Feder ou Innovación funcionan “como illas”.

A responsable socialista subliñou o compromiso do goberno galego con Galicia, que ten asignados 3.150 millóns de euros para políticas de cohesión para o período 2021 – 2027, os que hai que sumar 1.545 de fondos Next Generation que son de xestión directa polo goberno galego. Lembrou que o propio presidente da Xunta admitiu o pasado 6 de maio que Galicia recibiu xa 1.439 destes fondos Next Generation.

Isto supón, dixo, que o goberno de España transferiu xa o 92 por cento dos Fondos Next Generation EU, o que “só se pode cualificar como un compromiso político dun goberno progresista con Galicia, aínda que non o queiran admitir nin moito menos agradecer”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29