Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Luis Álvarez reta a Rueda a demostrar no próximo pleno que ten estilo propio fronte a “ausencia de medidas reais e efectivas” de Feijoo na actual situación de crise

O voceiro parlamentario do PSdeG reitera que a elección de Feijoo e Tellado como senadores obedece “a intereses orgánicos do PP e non aos de Galicia”

O voceiro parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, preguntaralle a Alfonso Rueda na súa primeira sesión de control como presidente da Xunta polas medidas que ten previsto adoptar o goberno galego ante a difícil situación actual. Desta maneira, Álvarez retará ao novo xefe do executivo galego a demostrar que ten estilo propio, “se é que existe”, e se realmente “vai haber un cambio de tendencia na actual ausencia de medidas reais e efectivas, máis alá de algún anuncio que fixo na súa investidura e que non consigue tranquilizarnos”.

Neste senso, Álvarez lamentou que, dende a súa toma de posesión, Rueda non comunicou “ningunha medida propia que contribúa a que os galegos e galegas poidan saír da situación na que estamos nos últimos meses”. “Veremos”, engadiu, “se o señor Rueda evidencia ese estilo propio ou se, pola contra, sigue nunha liña continuista e cunha ausencia total de estilo propio”.

Luis Álvarez fixo estas declaracións tras a Xunta de Portavoces celebrada no Parlamento para dar conta dos asuntos que se abordarán nas próximas sesións plenarias, unha ordinaria e outra extraordinaria, que terán lugar o día 24 de maio. O pleno extraordinario servirá designar aos dous novos senadores que lle corresponden ao Partido Popular.

A DESIGNACIÓN DE FEIJOO E TELLADO COMO SENADORES SO OBEDECE AOS INTERESES ORGÁNICOS DO PP

Ao respecto deste asunto, Luis Álvarez indicou que, sendo “un procedemento lexítimo”, obedece a “unha necesidade de encaixe orgánico do PP a nivel estatal” co único obxectivo de que “Alberto Núñez Feijoo e Miguel Tellado teñan un posto político no Senado”. Lembrou que a figura dos senadores e senadoras por designación autonómica xustifícase na defensa daqueles territorios aos que representan. Polo tanto, “unha de dúas: ou os que estaban non facían ben o seu traballo e era necesario cambialos ou a elección obedece a outras causas totalmente alleas a esa realidade”.

Tras anunciar que o PSdeG votará en branco a esta proposta –xa que so se pode votar a favor ou en branco- remarcou que Feijoo e Tellado serán senadores  a partir da  próxima semana, pero “iso non quita que a súa designación obedeza a intereses do PP e non aos da Comunidade autónoma”.

APOIO ÁS MEDIDAS DO GOBERNO DE ESPAÑA SOBRE UCRAÍNA

Con respecto aos asuntos do pleno ordinario, Luis Álvarez explicou que o PSdeG levará unha proposición non de lei de apoio ás medidas do Goberno de España respecto do endurecemento das sancións contra o réxime de Putin e a realización dun chamamento ao presidente ruso para que poña fin á guerra. “Pedimos”, afondou, “que o Parlamento respalde ao goberno de España nas medidas anunciadas tanto no ámbito da axuda humanitaria e asistencia financeira como no envío de equipamento militar para que Ucraína poida exercer de forma efectiva o seu dereito á lexítima defensa”.

AXUDAS E IMPULSO AO SECTOR DO LIBRO GALEGO

O voceiro parlamentario explicou que tamén se levará unha  proposición non de lei respecto do cumprimento por parte da Xunta da Lei 17/2006 do libro e a lectura de Galicia. A iniciativa preséntase a consecuencia de que “os hábitos  de lectura e compra de libros sitúan á nosa comunidade considerablemente por debaixo da medida estatal”.

“As familias gastan menos en libros que antes de 2008”, alertou, “o que evidencia a despreocupación e de apoio da Xunta polo sector do libro”. Neste contexto, Luis Álvarez incidiu en que “pedimos que se poña unha  énfase ao impulso ao libro en lingua galega e que se incrementen axudas ao sector editorial, que está a pasar por unha situación cada vez máis grave”

O Grupo Socialista tamén levará a Pleno unha moción para que se recupere “de maneira inmediata” o sistema de cobertura das baixas docentes a partir do terceiro día. Trátase dun sistema que “caeu en desuso” e que, na práctica, “supón que os alumnos poidan estar ata 15 días sen clases pola falta de axilidade e de compromiso da Xunta no cumprimento da necesaria substitución de baixas”.

Luis Álvarez anunciou ademais unha interpelación ao goberno galego sobre a caída da poboación ocupada en 65.000 persoas dende 2009. “Máis alá do triunfalismo de Rueda”, advertiu o portavoz parlamentario, “a realidade é que Galicia conta cun mercado laboral de escaso dinamismo, alta temporalidade e parcialidade porque non hai políticas de emprego activas e de formación para reverter esa realidade”.

ACTUACIÓN IMPRESENTABLE DO ALCALDE DE OURENSE

No capítulo de preguntas, o PSdeG levará a pleno un tema “desgraciadamente de actualidade” e que se refire á postura da Xunta sobre a situación que “protagoniza permanentemente o alcalde de Ourense”. Luis Álvarez lembrou que o último capítulo foi “a agresión a unha representante sindical no marco dunha protesta lexítima”, onde o rexedor protagonizou “actuación impresentable dende o punto de vista democrático e que pon á cidade nunha situación que os habitantes non merecen”.

O Grupo Socialista tamén preguntará polo cambio de sistema nas axudas da Xunta aos centros comerciais abertos, que pasarán de ser de concorrencia competitiva a non competitiva. En consecuencia, deixarán de asignarse en función dun baremo obxectivo para concederselles a quen primeiro as piden. “Non entendemos a que se debe ese cambio para un sector nunha situación precaria pola pandemia e a crise económica”, lamentou Luis Álvarez.

A última das preguntas versará sobre as medidas que ten pensado adoptar a Xunta no proceso concursal de Barreras en Vigo “para que se garanta un maior número de postos de traballo que os que ofrece a adxudicataria desa concesión”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18