Categorías: Actualidade

O PSdeG sinala que “hoxe caeulle a careta a Rueda” ao evidenciar que “non hai vontade de dialogar” para retirar a Jácome da alcaldía de Ourense

José Manuel Lage apunta que a ausencia do PP á xuntanza convocada polos socialistas en Compostela demostra que “lles interesa manter como alcalde a un señor que avergonza a toda a cidadanía”

Apunta que as palabras de Rueda sobre a visita do Rei emérito a Sanxenxo “non son a mellor aportación” nas súas primeiras horas como preside4nte, e demostran un “descoñecemento importante da historia”

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, apuntou que “hoxe lle caeu a careta a Rueda”, logo de que o PP renunciara a acudir a unha xuntanza para depoñer a Jácome da alcaldía de Ourense. Lage presentouse nun hotel compostelán xunto cos responsables socialistas de Ourense, Natalia González e Rafael Rodríguez Villarino, onde “o PP deixa meridianamente claro que non hai vontade de falar nin de dialogar”.

“Hoxe xa non valen escusas”, sentenciou antes de sinalar que “Alfonso Rueda é o responsable de que o PP siga mantendo na alcaldía de Ourense a un señor que avergonza á cidadanía, non se lle pode pedir ao PSdeG ningún tipo de responsabilidade”. Lamentou que coa súa ausencia teñan demostrado que “o que menos lle preocupa son os intereses dos ourensáns”.

Así o dixo logo do último episodio do alcalde, zarandeando a unha sindicalista, preguntou “que máis ten que pasar para que o PP decida deixar de darlle o seu apoio a Jácome como alcalde”. Concluíu que “ao PP non lle interesa en absoluto falar de nada que non sexa manter ao alcalde, o resto é un paripé que lles xera incomodidade, pero non van facer nada por sacalo da alcaldía”.

Lembrou que os socialistas foron a primeira forza electoral na cidade, e naquel momento Feijóo fixo alcalde de Ourense ao candidato da terceira lista en representación cidadá. “Naquel momento Feijóo non aplicou a máxima que di defender de que goberne a lista máis  votada”, un criterio que Rueda está disposto a manter, demostrándose “digno sucesor do Feijóo trilero, que actúa sen ningún escrúpulo”.

“Caeulle a careta en 48 horas”, dixo, “e despois dos fastos, da publicidade e da propaganda, logo de encumbrar a Rueda como presidente da Xunta, vemos que a forma de proceder é a mesma”. O seu único obxectivo, engadiu, é “que non goberne o Partido Socialista, o resto son contos ou contiños, neste caso co señor Rueda son contiños”.

Explicou que os socialistas galegos acudiron á xuntanza de hoxe “sen ningún tipo de condicionante, non lle dixemos quen ten que ser alcalde ou alcaldesa, que cambios queremos na Deputación, non puxemos nomes sobre a mesa”. Explicou que “o único que fixemos foi emprazar ao PP a resolver a indignidade de Ourense, e a súa resposta é a cadeira baleira”.

Deste xeito, engadiu, “converten Ourense nunha boa mostra para toda España da acción política de Feijóo, que é un trileiro político profesional”, e dun PP que en Andalucía e Castela A Mancha, cando o PSOE era primeira forza “non dubidaron en aliarse con Vox para facerse co goberno”.

Emérito

O responsable socialista lamentou hoxe a “falta de coñecementos” demostrada polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao sinalar que a visita do Rei emérito a Sanxenxo ía poñer a Galicia “no mapa”.

Lamentou o “descoñecemento importante da historia” dunha Galicia que “leva no mapa dende hai centos de anos”, e recomendoulle que comece por ler a Afonso X O Sabio, antes de lembrar ao cartógrafo Domingo Fontán, autor do primeiro mapa topográfico de Galicia no século XIX.

“Non é a mellor aportación do presidente de Galicia nas súas primeiras horas”, dixo, para apelar á visita do Rei emérito, que viaxará a Sanxenxo nunha “situación de orde privada con transcendencia pública”. Lage sinalou que “aos españois non é unha situación que nos encha de orgullo e satisfacción, máis ben o que nos xera é unha sensación amarga”.

Lembrou que “quen ostentou a xefatura do Estado non cumpriu coa exemplaridade que se lle espera coa súa práctica”, e engadiu que “a unha boa parte da poboación non lle parece que haxa que andar facendo ostentación de nada”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10