Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero critica a Feijóo por usar a industria como “arma electoral” en busca dos votos que “non ten” e reivindica a acción do goberno socialista

O secretario xeral sinala que os traballadores son conscientes de que “Feijóo non é un aliado” senón que unicamente persegue a “tensión” co executivo central

Cervo, 2 de abril de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo este martes unha xuntanza co comité de empresa de Alcoa en Cervo para transmitir ao persoal que o goberno socialista  “está comprometido co sector industrial”. Así o evidencia, sinalou, a aprobación do estatuto para as empresas electrointensivas, “algo que o PP non fixo en sete anos”.

En compañía da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; e dos alcaldes de Burela e Alfoz, Alfredo Llano e Jorge Val; da deputada autonómica Patricia Otero e de candidatos do PSOE ás eleccións xerais pola provincia, Gonzalo Caballero explicou que o goberno é “consciente da importancia de dar viabilidade e estabilidade ao sector industrial de cara ao futuro” e, precisamente por iso, está tomando medidas que palíen “as crises industriais que nos deixou o PP pola súa incompetencia”, tanto no que atinxe á época de Mariano Rajoy como ao mandato de Feijóo.

“En nove meses, puxemos os mimbres para construír unha política industrial máis sólida e estable”, remarcou o líder dos socialistas galegos, para facer fincapé na importancia do estatuto deseñado para as empresas que rexistran un elevado volume de consumo enerxético.

Esas empresas, como dixo Gonzalo Caballero citando a Alcoa ou a Ferroatlántica, “necesitan un marco legal que lles dea posibilidades de futuro” e por iso o goberno socialista está “traballando día a día para sacar adiante medidas que lles sexan favorables”. Fronte a isto, sinalou, “Feijóo está nuns niveis de irresponsabilidade e incompetencia que os galegos non merecemos” co único obxectivo de xerar “tensión” co executivo que lidera Pedro Sánchez.

“Feijóo utiliza a política industrial como unha arma electoral dun xeito incendario, poñendo ao seu conselleiro de perfil en vez de poñelo a traballar para dar unha solución aos problemas das industrias galegas”, constatou o máximo dirixente do PSdeG, despois de recordar que foi o goberno de España o que conseguiu máis tempo para procurar unha solución a Alcoa e que xa están aparecendo inversores.

“FEIJÓO NON É UN ALIADO”

Neste contexto, Gonzalo Caballero explicou que os traballadores “son conscientes de que Feijóo non é un aliado do sector industrial”, senón que “está utilizando as dificultades” que poidan existir “para buscar mecanismos de tensión co goberno socialista en busca dos votos que sabe que non ten”.

Por iso, o dirixente do PSdeG fixo un chamamento a “non caer” nesa “irresponsabilidade” amosada polo presidente da Xunta. “Para solucionar os problemas industriais é necesaria a corresponsabilidade, e o goberno de España ten vontade e unha folla de ruta para dar solucións aos problemas que deixa o PP”, concluíu.

VISITA A SARRIA

Despois de manter esta xuntanza co comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, o secretario xeral do PSdeG desprazouse ata Sarria, onde foi recibido pola alcaldesa, Pilar López Yáñez.

Ambos abordaron as dificultades que atravesan os pequenos municipios do interior, e Gonzalo Caballero botou en falta medidas de apoio por parte do goberno galego para revitalizar o rural.

Ademais de cargos socialistas da bisbarra, en Sarria estiveron tamén os cabezas de lista ao Congreso e ao Senado pola provincia, Ana Prieto e César Mogo, respectivamente.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08