Categorías: Actualidade

O Tribunal Supremo confirma a condena contra a Valedora de Feijóo por desviación de poder

A portavoz de Xustiza do Grupo socialista, Patricia Vilán, urxiu hoxe ao presidente da Xunta que retire á Valedora do Pobo. Vilán amosoulle a porta de saída á Valedora, Milagros Otero, logo de que o Tribunal Supremo rexeitara o recurso de casación que presentou contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia decretando “arbitrariedade” e “desviación de poder” por facerlle un posto á medida da irmá do portavoz do PP.

A parlamentaria socialista advertiu do “dano enorme, irreparable” á institución por parte do PP e do presidente da Xunta que “foi quen decidiu que fora Otero a Valedora do Pobo”, e sinalou que “non poden utilizar ás institucións coma se foran a salita da súa casa”. Apuntou tamén á propia Comisionada, que “sabía de sobra que concorrían as condicións que lle estaban advertindo os tribunais e que están probadas”.

Vilán reivindicou o cese de Otero “o máis pronto posible”, xa que do contrario “dende o Grupo Socialista adoptaremos as medidas que consideremos oportunas” para “velar polo prestixio dunha institución” que “ten que estar por riba dos intereses do PP”.

Lembrou que os socialistas galegos xa reclamaron o cese da Valedora cando se coñeceu a sentenza do TSXG, pero que “non renunciou, e o PP mantívoa no seu posto a pesares de que perdera a confianza dos tres quintos da Cámara” que a elixiran. O Grupo Popular, lembrou, decidiu mantela daquela “agardando pola sentenza firme” que se vén de producir, xa que a decisión do Supremo esgota a vía xudicial.

A responsable socialista apelou á Lei do Valedor para acadar a “forma de cese” da responsable da Oficina do Valedor, aludindo a que determina como unha das causas o “notorio incumprimento das obrigas e deberes do seu cargo” (art. 5.1.4º). Sinala ademais que o cargo declararase vacante por decisión do Pleno do Parlamento “pola maioría establecida das tres quintas partes dos membros do Parlamento, mediante debate e logo de audiencia do interesado” (art. 5.2).

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08