Categorías: Actualidade

Mellora do subministro eléctrico nas pemes agrogandeiras

O portavoz de Industria e I+D do Grupo Socialista, Abel Losada Álvarez, reclamou hoxe o apoio do goberno galego á mellora do subministro eléctrico nas Pemes agrogandeiras. Losada presentou unha pregunta oral en Comisión para reclamarlle á Xunta a mellora das políticas de subministro enerxético destas empresas para paliar o seu custe.

O representante socialista acusou á Xunta de “deixar o problema en mans das eléctricas”, e sinalou a urxencia de “establecer políticas públicas en materia de subministro de enerxía equivalentes ás do sector privado para así poder situar este sector nun “horizonte económico de crecemento”. Subliñou a súa necesidade “para incentivar esta industria que necesita reducir os custes enerxéticos para poder investir en modernidade e así facilitar a actividade produtiva”.

Reclamoulle ao goberno galego que escoite ás emendas presentadas “durante anos” polo Grupo Socialista para mellorar os custes dos subministros enerxéticos ás agrogandeiras. Sinalou a necesidade dunha “actuación rápida” en prol de solucionar o problema demográfico da poboación, “a España valeira”.

Losada propuxo a elaboración dun protocolo ou mecanismo de actuación ante esta situación, xa que, non encontra suficientes as propostas do goberno de solucionar problema a problema de forma individual. Senón que introduce a necesidade de unha solución válida para toda a industria agrogandeira en materia de enerxía.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08