O voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, pediullle hoxe ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que encare o novo mandato con “ambición de país” e que o faga a través do diálogo, “que escoite a todas as galegas e a todos os galegos”.
En declaracións realizadas momentos antes da toma de posesión de Rueda como presidente, en Bonaval, Besteiro desexoulle sorte no seu cometido, porque “esta pode ser a lexislatura das oportunidades e non nos podemos permitir que sexa a lexislatura das oportunidades perdidas”, dixo. “Que pasados catro anos vexamos que se aproveitaron”, subliñou.
“Dende un lugar tan inspirador como o Panteón de Galegos Ilustres”, o portavoz socialista insistiu en que Alfonso Rueda “ten que mudar o conformismo pola ambición de país”.
O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…
A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…
Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…
Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…
Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…
Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…