Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro esíxelle “máis ambición” a Rueda para ampliar a matrícula gratuíta aos estudos de Máster e fortaceler o financiamento das universidades

O portavoz do Grupo Socialista insta ao goberno galego a “poñerse as pilas” coa política de vivenda colaborando cos concellos para facilitar chan e ampliar as axudas ao alugueiro con fondos propios

Felicita a Eneko Andueza polos resultados electorais de onte, que abren un escenario optimista a futuro e demostran que “o pobo vasco valorou positivamente o papel do PSE”

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2024. O portavoz do Grupo Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle a Rueda “máis ambición” no apoio ao ensino universitario público ampliando a primeira matrícula gratuíta tamén aos cursos de Máster e fortalecendo o financiamento do Sistema Universitario de Galicia -SUG-. Besteiro apuntou que o Pleno que comeza mañá incluirá unha proposta socialista para reforzar o apoio aos estudantes universitarios de Galicia.

Lembrou que os socialistas galegos levan propoñendo a primeira matrícula universitaria gratuíta dende 2018, e que sempre se topou co voto en contra do PP, mesmo no debate dos Orzamentos que están en vigor este ano, na que se negaron radicalmente a incluír esta medida. O responsable socialista apuntou que logo do rexeitamento frontal, agora teñen anunciado esta mesma medida que, dixo, “xa veremos en que termos” vai ser impulsada.

Chamou a “ser máis ambiciosos” e ampliar as axudas á primeira matrícula de Máster, o que permitiría salvar un “problema importante” para milleiros de galegos e galegas que non poden completar os seus estudos. Reclamou tamén o fortalecemento do financiamento das universidades, incrementando os recursos co horizonte de acadar o 1 por cento do PIB para “aproveitar e refinanciar mellor e máis adecuadamente o SUG”.

Batería de iniciativas de vivenda

Gómez Besteiro reclamou un maior impulso e máis execución dos programas de vivenda pública por parte do goberno galego, e reiterou a proposta de Acordo de País pola Vivenda para situala como un dos eixos das políticas públicas da Lexislatura. Pediulle á Xunta que abra un “diálogo sensato e serio” cos concellos galegos para habilitar chan urbanizable e que aporte fondos propios para complementar as axudas ao alugueiro do Estado.

Emprazou ao presidente da Xunta a “tomar nota e poñerse as pilas” na xestión da vivenda, logo de coñecer a semana pasada a xestión “pésima” do bono alugueiro mozo, avisando por SMS a milleiros de mozos que quedan fora logo de dous anos de espera. Besteiro sinalou que os socialistas teñen xa rexistrada unha batería de iniciativas para reclamarlle ao goberno galego que aporte fondos propios para atender aos mozos e mozas que quedaron sen axuda.

Advertiu que os datos de execución orzamentaria do ano pasado “non nos permiten ser optimistas” para a xestión futura da vivenda diante da “mala execución” por parte do goberno galego, que en deixou sen executar a metade do orzamento dispoñible no programa de Promoción de Vivenda.

O responsable socialista responsabilizou aos gobernos de Feijóo e Rueda da caída “dramática” na construción de vivenda pública, pasando de máis de 2.000 ao ano entre 2000 e 2010 a unha media de 300 entre 2010 e 2020, con anos como 2015 e 2019 con só 2 e 4 vivendas habilitadas, respectivamente. Esta caída, dixo, choca co incremento “espectacular” do impulso á vivenda pública que lle deu o goberno presidido polo socialista Pérez Touriño.

Eneko Andueza

José Ramón Gómez Besteiro trasladoulle hoxe publicamente os parabéns que onte lle transmitiu en privado ao candidato socialista ás eleccións vascas, Eneko Andueza, por un resultado que evidencia que “pobo vasco valorou positivamente o papel do PSE no goberno de Euskadi e a súa posición de centralidade”. Sinalou que os socialistas vascos aumentan en votos e escanos e abre un horizonte “moi optimista” para o futuro.

A posición dos socialistas vascos garante, dixo, que “as políticas centradas no benestar e nos dereitos públicos van estar moi presentes” na axenda do País Vasco, cunha aposta “clara e inequivocamente socialista polo fortalecemento dos servizos públicos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04