Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro lamenta o “decepcionante” discurso de investidura de Rueda: “fáltalle proxecto e sóbralle hostilidade”

O portavoz do Grupo Socialista apunta que a intervención do candidato carece de impulso político, ambición e proxecto para o despegue económico e a blindaxe dos servizos públicos de Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou hoxe o “decepcionante” o discurso de investidura de Alfonso Rueda, que ve “máis propio da oposición ao goberno de España” que dun candidato a presidente da Xunta. Así o dixo logo da primeira sesión do debate de investidura que tivo lugar hoxe no Parlamento e que continuará o xoves coas intervencións dos grupos parlamentarios e a votación final.

Besteiro lamentou que o candidato do PP “perdera unha enorme oportunidade” ao plantexar unha intervención “pouco ilusionante e pouco ambiciosa”, con 35 minutos de “ataque constante ao goberno de España” cunha actitude “pouco edificante” que replique á Lexislatura pasada. Lamentou a falla de asunción de responsabilidades dun candidato limitado a unha “relación hostil” co Estado e obviando aos concellos, aos que “acostuma invitar para que paguen eles”.

Lamentou que a intervención de hoxe foi máis propia dun candidato a líder da oposición no Estado, centrado en atacar á administración central mentres limitaba o compromiso coa igualdade e contra a lacra da violencia de xénero a unha cita puntual.

O responsable socialista advertiu que a intervención “non fai agardar un ambiente e unha política enriquecedora e construtiva”, e que ademais “non responde ao impulso político e ambición nin á blindaxe dos servizos públicos”, abocando aos galegos e galegas a catro anos de política continuísta.

Advertiu que se demostrou incapaz de recoñecer grandes retos de país con cifras datos nin obxectivos para os próximos 4 anos, e que tampouco sinalou os proxectos industriais estratéxicos para Galicia.

Besteiro dixo que as propostas de acordos anunciados polo candidato a presidente da Xunta resultan “pouco concretos”, e reivindicou unha “política activa” con “diálogo e convivencia” por exemplo en materia de enerxía. Reclamou alternativas ao “enredo xudicial” no que a ten sumida a xestión do goberno galego, porque “o inimigo non está fóra”, e lamentou que a Sociedade de Recursos Naturais estea “xa plantexada” e sen posibilidade de acordo para ser “reconfigurada”.

Sinalou ademais que o candidato do PP evitou deliberadamente citar “nin unha soa” das competencias que Galicia “pode e debe” reclamar cando sexa convocada a Comisión de Transferencias. Explicou que os anunciados cambios na estrutura da Xunta que hoxe citou Rueda limítanse a “efectos puramente cosméticos” que carecen de “ningunha evolución sorprendente” e resumiu que a intervención do candidato resultou “moi decepcionante”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18