Categorías: Actualidade

Besteiro chama a aproveitar o potencial da gastronomía galega como bandeira dunha cadea de valor da que forman parte a agricultura, a gandería, a pesca ou a industria alimentaria

O voceiro do grupo parlamentario do PSdeG visitou o Fórum Gastronómico xunto ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e outros cargos socialistas

En ExpoCoruña, onde se celebra a feira, demandou da Administración galega un maior impulso dos sectores relacionados coa alimentación e o turismo

O voceiro do grupo do PSdeG no Parlamento galego, José Ramón Gómez Besteiro, chamou hoxe na Coruña a aproveitar o potencial da gastronomía galega como expoñente destacado dunha cadea de valor máis ampla, da que forman parte, lembrou, sectores como a agricultura, a gandería, a pesca, a industria alimentaria, o comercio de alimentos ou os servizos de restauración. Foi durante a súa visita ao Galicia Fórum Gastronómico, que se celebra en ExpoCoruña.

O portavoz parlamentario do PSdeG destacou que a feira de referencia para o norte de España ten consolidada a súa sede en Galicia, algo que é “unha mostra do potencial extraordinario da gastronomía galega”. “Un potencial que dende as institucións hai que contribuír a desenvolver”, asegurou.

Nese senso, expresou a necesidade de adoitar dende Galicia “medidas de impulso na liña do que recolle o Plan Turístico Nacional de Enogastronomía, para potenciar os destinos gastronómicos, xerar experiencias sostibles, mellorar a formación dos profesionais e aproveitar a gastronomía para promocionar o territorio”.

Sobre a antedita cadea de valor, recordou que “todo ese conxunto representa un terzo do noso PIB, así que merece especial atención”. Como exemplo de iniciativas, mencionou o Perte do sector agroalimentario, no que participan cerca de 40 empresas galegas. “Galicia é a terceira comunidade por volume de subvencións recibidas, que ascenden a 14 millóns de euros”, detallou.

Finalmente, invitou a escoitar aos produtores, “como acaba de facer o Goberno con propostas dirixidas a simplificar a PAC, mellorar a comercialización dos produtos, mellorar os seguros, adoptar medidas fiscais ou facilitar o relevo xeracional nas explotacións”, entre outros aspectos.

Besteiro percorreu o recinto acompañado polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; membros do grupo socialista na Cámara galega, como Lara Méndez, Julio Abalde e Silvia Longueira; as deputadas provinciais Yoya Neira e Cristina Capelán, e a concelleira coruñesa Diana Sobral.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08