Categorías: Actualidade

O PSdeG apoia en Bruxelas a apertura dunha investigación polas denuncias de manipulación na CRTVG

O europarlamentario Nicolás González Casares critica o veto de PP e Vox á investigación na Eurocámara pola falta de transparencia e o acoso aos traballadoras e traballadores do medio público

A Delegación Socialista no Parlamento Europeo comprometeuse a seguir loitando para que as demandas dos traballadores/as da CRTVG poidan volver a presentarse no Parlamento Europeo

O eurodeputado galego do PSdeG Nicolás González Casares trasladoulle hoxe aos representantes dos traballadores da CRTVG o seu apoio diante das denuncias de manipulación no ente. Así o dixo no debate dunha petición de investigación pola falla de transparencia e acoso á plantilla que tivo lugar na Comisión de Peticións da Eurocámara e que non prosperou polo voto en contra de PP e Vox.

González Casares mantivo un encontro cos representantes do Comité Intercentros da CRTVG na sede do Parlamento Europeo logo do debate, e se comprometeu a continuar trasladando á Eurocámara a petición de investigación por falla de transparencia e acoso á plantilla do medio.

O europarlamentario lamentou o veto de PP e Vox á petición de investigación debatida na Comisión de Peticións que se celebrou hoxe no Parlamento Europeo, logo de que o Comité Intercentros presentara a súa denuncia diante da Cámara. Lembraron os atropelos vividos polo persoal durante estes últimos anos e a manipulación dos informativos e da programación en favor dos intereses políticos do PP.

Nicolás González Casares puntualizou que os feitos denunciados “vulneran a lexislación europea e ademais atentan contra o dereito a información e contra a dignidade dos profesionais do medio público galego”. Lembrou que mesmo na recente campaña electoral “ata a Xunta Electoral de Galicia afirmou que se lle restaba tempo ao debate político na campaña electoral favorecendo os intereses do PP”.

Tamén apelou a que “a manipulación da tele galega é ben coñecida desde a época de Feijóo e agora  tamén con Rueda”, e reclamou que “dunha vez por todas sexa escoitada a voz dos profesionais que se rebelan contra a manipulación dos medios”.

A denuncia non prosperou pola maioría ponderada empregada “de xeito interesado”, dixo, pola unión dos votos dos representantes de PP e Vox, demostrando unha vez máis o uso interesado e pouco democrático da Comisión. Criticou que o presidente da Comisión, do PP, impedira a participación de tódolos deputados presentes na sala favorables á petición facendo caso omiso da norma que habilita o voto sen ponderación.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08