Categorías: Actualidade

Besteiro presentará un discurso “pegado á realidade do país” con propostas para a blindaxe dos servizos públicos e o impulso económico de Galicia

Lara Méndez critica a intervención de Rueda, “sen proxecto nin estratexia” para exercer de “altofalante de Feijóo” e “facer un Ayuso” en Galicia

Os socialistas presentarán un proxecto alternativo “propio dunha oposición leal e construtiva pero fiscalizadora da acción de goberno”

A viceportavoz do Grupo Socialista, Lara Méndez, dixo hoxe que o portavoz socialista, José Ramón Gómez Besteiro, despregará mañá unha intervención “pegada á realidade do país” e aos problemas e necesidades “reais” dos galegos e das galegas. Méndez anunciou propostas viables fronte á intervención de Rueda “sen proxecto nin estratexia” centrada unicamente en confrontar co Estado.

Lara Méndez adiantou que o portavoz do PSdeG presentarase mañá cunha intervención con propostas para blindar os servizos públicos e incrementar o autogoberno de Galicia. Reclamaralle ao PP “abandonar a confrontación estéril sen resultados positivos para Galicia” para centrarse no “impulso para situar a Galicia onde merece como referente económico e que a xente non teña que marchar do territorio”.

Sinalou que o proxecto alternativo que presentará o portavoz socialista será propio dunha “oposición leal e construtiva pero fiscalizadora da acción de goberno”. Os socialistas, dixo, ofrecen “man tendida” a acordos co goberno galego, pero advertiu que “primeiro temos que saber que é o que queremos acordar”, e advertiu da inconcreción da proposta puntual de Rueda de onte, logo de 15 anos amosando falla total de política industrial.

Méndez lamentou a falla de concreción nas propostas e a escasa ambición de país da primeira intervención de Rueda no debate de Investidura, amosándose como un “presidente sen proxecto nin estratexia”, cunha intervención “inconcreta, sen ambición de país e que só busca a confrontación”.

Advertiu que malia presumir de estabilidade por ter os Orzamentos aprobados, estes “non valen de nada se non se executan nin materializan” por parte dun candidato que logo de 15 anos no goberno galego tivo que remontarse a 30 anos “para falar da transformación de Galicia”.

Facer “un Ayuso”

Méndez criticou que Rueda decidira onte centrar a súa investidura en facer oposición ao goberno central, actuando como “altofalante de Feijoó” e “facendo un Ayuso” en Galicia. De aí que a única proposta clave fora a constitución dunha dirección xeral de Asuntos Constitucionais como “instrumento para seguir facendo oposición ao goberno central”.

Advertiu que o candidato do PP desatende os problemas de Galicia mentres provoca conflitos co Estado por unha banda e cos concellos pola outra, aos que apenas citou demostrando que “predica unha cousa e fai outra distinta” para agochar a súa falla de propostas concretas.

Dixo que o candidato do PP tenta agochar a súa “incapacidade” para aproveitar competencias propias de Galicia, xa que “as que temos non as desenvolven, e as que non temos non as solicitan”. Resumiu que “vemos como falamos de autogoberno pero non buscamos solucións”, e puxo como exemplo a xestión da Lei do Litoral coa que “busca confrontar co goberno central” en lugar de buscar as vías para acadar a titularidade.

Méndez criticou a falla de propostas en materia de Igualdade, que quedou relegada a “4 ringleiras do discurso”, ou ás “6 liñas” dedicadas á loita contra a violencia de xénero nunha intervención de hora e media. Afeoulle que obviara a cultura ou que “despacha deporte ou Dependencia cun bono, como fixo antes das eleccións”, e presume das residencias que financia a Fundación Amancio Ortega ou as vivendas a cargo dos fondos europeos mentres a Xunta “chega tarde e mal”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08