Categorías: Actualidade

Promesas de Feijóo para a sanidade sen respaldo orzamentario nin normativo: “parole, parole, parole”

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe as “promesas baleiras” do presidente da Xunta para a sanidade pública. Logo da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día do Pleno do Parlamento para a próxima semana advertiu que os anuncios da Xunta sen respaldo orzamentario nin normativo son “parole, parole, parole” –palabras, palabras, palabras-.

Os socialistas presentarán unha proposición non de Lei no próximo Pleno do Parlamento para reclamarlle á Xunta que “se sume ás nosas posicións sobre a xestión do superávit” e lle pida ao goberno de España que cambie a lexislación imposta por Rajoy. Foron a Lei de Estabilidade Orzamentaria de 2012 e as leis de Orzamentos sucesivas, lembrou, as que impuxeron a doutrina de Montoro para “embridar” ás autonomías e impedirlles destinar o superávit á sanidade.

Logo do decreto do goberno do pasado venres, que actualiza outro decreto idéntico do ano anterior para permitir destinar o superávit a investimento financeiramente sostible, o que continúa impedindo a contratación de máis persoal. Os socialistas reclámanlle á Xunta que utilice o superávit desbloqueado polo goberno central e que ademais utilicen o marxe propio para contratar ao persoal sanitario que precisa o sistema sanitario.

Fernández Leiceaga sinalou que esta “campaña” iniciada polo goberno galego para reivindicar o investimento na sanidade supón que “Feijóo vén recoñecer que o gasto sanitario é insuficiente” e explicou que “hai marxe orzamentario” para traballar neste sentido. Advertiu que nin o presidente da Xunta nin o conselleiro dan pechado o conflito aberto polos seus recortes na sanidade pública.

Criticou o regate corto do goberno galego, que viña anunciar un “acordo amplísimo na sanidade que non era tal, senón unicamente a acta dunha reunión”, e mentres “anunciaban que a folga non estaba convocada, e hoxe vemos que vai haber folga na Atención Primaria a semana que vén”. E os colexios profesionais demandan que o contrato de persoal estatutario interino se estenda tamén á atención especializada, e elementos centrais que “precisan dunha negociación adicional”.

Explicou que a mobilización convocada para a próxima semana resume o “fracaso da xestión da Xunta”, deriva dos problemas provocados pola redución de 180 millóns de euros de orzamento para a Atención Primaria e os 1.250 profesionais menos entre 2008 e 2019. Advertiu que esta situación “só se resolve cunha negociación en serio” que o goberno galego non está plantexando.

Os socialistas galegos presentarán por este motivo unha moción para fixar como criterio xeral un máximo de 30 consultas diarias para cada médico, así como un catálogo mínimo de probas diagnósticas para os centros de Saúde e persoal suficiente para garantir a atención das urxencias nos PACs. Fernández Leiceaga reclamou ademais que o contrato mínimo para os profesionais sanitarios sexa ampliado de un a dous anos, prorrogable a tres.

O próximo Pleno incluirá ademais unha pregunta oral do Grupo Socialista sobre a situación sanitaria concreta na comarca de Condado – Paradanta, que afecta aos centros de saúde de As Neves, Mondariz, Mondariz – Balneario e Ponteareas.

Conselleiro de Economía

O portavoz socialista trasladou a súa “sorpresa” pola comparecencia do conselleiro de Economía que, dixo, “virá dar conta duns niveis de execución orzamentaria que sonroxan” sinaladamente en política industrial e de emprego “tendo en conta a campaña iniciada polo PP nalgúns destes temas”. Referiuse así ás críticas do goberno galego á situación das industrias galegas afectadas polo Estatuto das electrointensivas.

Fernández Leiceaga explicou que logo dun goberno presidido por Rajoy “non fixo nada en 7 anos de maioría absoluta” e que agora quere resolver o Executivo presidido por Pedro Sánchez presentando un novo estatuto que resolva os problemas de prazos da enerxía eléctrica. Advertiu que a proposta “non é do agrado das empresas porque busca un marco fixo, estable e a longo prazo que evite a presión regular para obter recursos públicos sen contrapartidas”.

O portavoz socialista presentará ademais na sesión de control ao presidente da Xunta o seu incumprimento reiterado de construír unha nova residencia de maiores en cada gran cidade de Galicia, que “recupera en cada convocatoria electoral e despois esquece ata a seguinte”. Criticou que o goberno galego se teña establecido como “factor de bloqueo” contra estes proxectos renunciando a tomar medidas para levalos adiante.

O Pleno da próxima semana incluirá ademais unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamar a revisión das taxas académicas, cunha proposta para comezar por suprimir a primeira matrícula cun investimento de apenas 7 millóns de euros no primeiro ano.

Ademais, incluirán unha interpelación para reivindicar máis prazas de gardería e menores prezos, así como a posta en marcha de escolas públicas infantís comezando pola sede da Xunta en San Caetano, e continuando polos polígonos industriais e os parques empresariais. Os socialistas incluirán ademais unha pregunta oral urxente sobre a vaga de lumes que viviu Galicia no mes de marzo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18