Categorías: Actualidade

Ameazas da dirección da CRTVG contra os traballadores polas camisetas #defendeagalega

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG do Parlamento de Galicia, Noela Blanco, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias sobre as ameazas da dirección da CRTVG contra os traballadores que vistan as camisetas co lema #DefendeAGalega. A través dunha nota interna, a dirección vén de anunciar “medidas disciplinarias” no caso de que incumpran coas normas de decoro do ente.

A responsable política presentou estas iniciativas parlamentarias na defensa dos traballadores e traballadoras que cada venres dende hai case un ano –esta semana será a número 46-, vistan de negro “en protesta pola presión e manipulación da canle como consecuencia da inxerencia política do Goberno de Feijóo”.

A situación provocada pola dirección da CRTVG ten elevado a conflitividade laboral nos últimos tempos, “acrecentada pola política de hostigamento contra os traballadores e traballadoras, a través da apertura de expedientes disciplinarios a profesionais das canles públicas que de maneira continuada veñen denunciando a manipulación da radio e televisión públicas galegas”.

O último paso nesta escalada emprendida polos directivos do ente público ten chegado a través dunha nota interna enviada ao persoal lembrando o regulamento interno que sinala que “a aparencia persoal debe ser o máis despreocupada e neutral posible”, como subterfuxio para impedirlles vestir as sinaladas camisetas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13