Categorías: Secretaría Xeral

Formoso reivindica a importancia do Prestige coa mobilización social que botou ao “goberno da mentira” da Xunta

O PSdeG estrea en Muxía o seu documental Prestige, 20 anos despois nun acto coa participación dos seus alcaldes e alcaldesas na Costa da Morte e Bergantiños

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, interviu nun acto de demostración de forza dos socialistas de cara ás eleccións municipais, onde estivo rodeado dos alcaldes e alcaldesas das comarcas da Costa da Morte e Bergantiños. No recordo dos 20 anos do Prestige reivindicou a mobilización social que levou aos socialistas á Xunta despois de que os gobernos autonómico e central “mentiran á poboación co descaro máis absoluto”.

O número un dos socialistas galegos pechou o acto reivindicando aos alcaldes e alcaldesas da comarca que asistiron, xa que eles “amosan o que significa ter un goberno socialista, próximo á xente e preocupados de protexer á xente”. Por iso, sinalou que “o PSdeG é esencial nos malos momentos, como na pandemia, porque senón estivera o partido socialista todos saberíamos o sufrimento que significaría”.

Para o secretario xeral socialista o Prestige derivou nunha mobilización social que permitiu “botar ao goberno da mentira” e que Galicia e España puideran obter todos os avances sociais que viñeron da man dos socialistas, dende a lei de dependencia, a protección das vítimas de violencia de xénero ou a lei de matrimonio igualitario.

Valentín González Formoso subliñou que documentais coma o presentado “fala moi ben dun partido que non permite que o paso do tempo, faga esquecer a importancia das cousas relevantes para a historia do país”. “Un partido que adica tempo, recursos e ilusión a un proxecto precioso e con sentimento, da cada, para os da casa”, alegou.

Formoso un acto que demostra fala moi ben dun partido que non permite que o paso do tempo, podería pasar cunha declaración ou coa asistencia a un acto. Adica recursos, tempo, ilusión a un proxecto precioso, con sentimento, na casa, cos da casa. Fala moi ben do partido que lle da pulo ao talento que ten dentro. Queren apoiar a cultura co coñecemento e o sentimento pola súa terra

O PSdeG estreou hoxe o seu documental sobre a catástrofe do Prestige, coa participación de voces do partido da actualidade, como o propio Formoso, así como daquel momento, como o expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a ex conselleira de Pesca, Carmen Gallego, o exportavoz parlamentario Ismael Rego ou a exparlamentaria Marisol Soneira.

Tamén contaron con outras figuras alleas que viviron de primeira man aquel suceso, como a actriz e directora teatral Tamara Canosa, o expatrón maior da Pobra do Caramiñal, Manuel Maneiro, o coordinador de Protección Civil de Muxía, Ramón Pérez Barrientos, así como representantes do sector do marisqueo e a pesca, como a bateeira e presidenta da asociación Mulleres Salgadas, Dolores Gómez.

Algúns dos alcaldes ofreceron dirixíronse aos asistentes, comezando polo anfitrión, Iago Toba, que remarcou a importancia que tivo a catástrofe do Prestige para a súa xeración, que eran mozos naquel momento, sendo o seu primeiro contacto co que significaba a política e o seu poder para mellorar a sociedade, pero tamén para empeorala cando se fai unha xestión neglixente.

Sandra Ínsua, alcaldesa de Camariñas, que contou que daquel ocupaba a área de cultura e Deportes, con tan só 26 e ademais de botar unha man co voluntariado, foi a encargada de xestionar o legado de Man, o icónico alemán que chegou a ter un museo en Camelle.

Entre os asistentes destacan, a maiores dos xa mencionados, a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, o alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, o alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, o alcalde de Fisterra, José Marcote, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, o alcalde de Corcubión, Manuel Ínsua, así como o secretario de organización José Manuel Lage e o secretario provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21