Categorías: Actualidade

Lage Tuñas denuncia que a Xunta renunciou a convocar 301 prazas MIR dende 2010 e empraza a Rueda a dar explicacións urxentes no Parlamento

O PSdeG sinala que a sentenza do TSXG constata a sobrecarga laboral e a precariedade na atención primaria e pediatría provocada pola xestión do PP

Propón un Pacto Galego para reforzar a sanidade pública con melloras salariais e contractuais e que inclúa a convocatoria de tódalas prazas MIR dispoñibles

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, emprazou hoxe ao presidente da Xunta a comparecer de forma extraordinaria para dar conta no Parlamento de por que o goberno galego renunciou a convocar 301 prazas de MIR que tiña habilitadas durante os últimos 13 anos. Lage propuxo hoxe un Pacto Sanitario para reforzar a sanidade pública diante do “colapso” do sistema provocado pola xestión do PP.

O responsable socialista considera ademais “gravísimo” que o goberno galego renunciara a convocar este mesmo ano as prazas extraordinarias habilitadas polo Ministerio de Sanidade, que habilitou un total de 65 MIR de medicina familiar e comunitaria. Esixiulle a Rueda que “dea a cara e explique por que levan 13 anos renunciando a incrementar o número de médicos e de médicas en Galicia”, e advirte de que “cando puideron convocar MIR renunciaron a facelo.

Acusou aos presidentes do PP, “primeiro Feijóo e agora Alfonso Rueda”, de levar 13 anos “intentando desmantelar pola porta de atrás o sistema sanitario público que crearon os gobernos do PSOE en España dende os anos 80” para impoñer “a precariedade e os recortes de persoal”. Lamentou o “nulo interese do PP por remediar o colapso da sanidade galega”, logo de sinalar que reduciron os profesionais de atención primaria dende os 9.610 de 2009 aos 8.634 de 2022.

Engadiu que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia coñecida onte evidencia a sobrecarga de traballo dos médicos, superando o dobre do que marca a normativa autonómica de 40 pacientes por xornada. Sinala que segundo a sentenza, os criterios de calidade na atención primaria aprobados por Sanidade en 2021 están a ser infrinxidos “de forma reiterada e constante” polo Sergas no canto aos cupos de paciente e atención sanitaria.

Criticou que o conselleiro teña decidido “restarlle transcendencia ao problema”, cando eles mesmos están a vulnerar os seus propios criterios “imprescindibles para prestar unha asistencia sanitaria de calidade”.

Lage Tuñas apuntou que a consecuencia destes 13 anos de xestión do PP son 11 días de espera para ver ao médico de cabeceira ou menos pediatras nos centros de saúde. Explicou que hoxe hai 192 concellos sen servizo de Pediatría, o que supón o 61,3 por cento dos concellos galegos, e en total Galicia conta hoxe cun 22 por cento menos de pediatras que hai 15 anos.

Pacto pola sanidade

O secretario de Organización do PSdeG propuxo un Pacto Galego para reforzar a sanidade pública centrado en tres eixos, que pasan pola mellora das condicións laborais e contractuais e aumentar os profesionais sanitarios en Galicia. En primeiro lugar, propuxo equiparar os salarios dos médicos galegos coa media do Estado, así como equiparar os termos contractuais, garantindo contratos estables dun mínimo de 4 anos.

Finalmente, propuxo que o goberno galego se comprometa a convocar tódalas prazas MIR que o Ministerio de Sanidade pon a disposición desta Comunidade Autónoma para mellorar a calidade da atención primaria e frear a fuxida de profesionais a outras rexións.

Sinalou neste sentido casos como o de Medicina Interna do CHUS, onde cada ano se forman 2 MIR dende hai 15 anos, 30 médicos que logo de rematar a residencia marchan de Galicia “porque nin se lles paga axeitadamente, nin teñen contratos estables nin se lles trata como corresponde”.

Candidatiuras municipais

Por outra banda, Lage Tuñas tamén salientou que o PSdeG xa conta con candidatos e candidatas en todos os concellos galegos de máis de 50.000 habitantes, que están convocados este próximo fin de semana á convención municipal que terá lugar en Valencia para a súa presentación a nivel federal. “O PSdeG fixo o seu traballo”, sinalou Lage para presentar “os mellores” a aspirantes nas cidades galegas.

Os alcaldes e alcaldesas Abel Caballero, Inés Rey, Xosé Sánchez Bugallo, Lara Méndez e Ángel Mato repetirán como candidatos e candidatas en Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo e Ferrol, respectivamente, e a eles súmanse Francisco Rodríguez, como aspirante á alcaldía en Ourense, e Iván Puentes, que será candidato en Pontevedra.

“Somos a columna vertebral do sistema político galego”, dixo Lage sobre o PSdeG, que é a forza que dende os concellos goberna á maioría dos galegos e galegas,  que se destaca por ser “garantía de bo goberno, de cohesión social e de progreso”. “Alí onde hai un alcalde ou unha alcaldesa socialista”, engadiu o secretario de Organización, “hai unha sociedade que progresa, que xestiona ben os servizos de proximidade e hai garantía de políticas sociais pensando na maioría”.

Finalmente, reclamoulle ao goberno galego que “deixe de facer de comentarista e fagan algo” para bonificar a totalidade das viaxes de volta no mesmo día nas autoestradas de titularidade autonómica, tal e como está a suceder na AP9 grazas ao Estado. Reiterou que o PSdeG “sigue reclamando que non haxa suba indiscriminada como a que veñen de anunciar as concesionarias” e lembrou que foi o PP de Aznar o que prorrogou as peaxes da autoestrada ata o ano 2048.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21