Categorías: Secretaría Xeral

Formoso empraza á Xunta a axilizar a tramitación dos parques eólicos que son necesarios para a supervivencia dos proxecto industriais estratéxicos

O líder do PSdeG mantén unha reunión de seguimento cos asinantes do Pacto por unha Enerxía Eólica Sostible para Galicia

Sinala que “non seremos copartícipes de que desaparezan industrias estratéxicas por falla de seriedade, solvencia coherencia e valentía á hora de dirixirse á sociedade”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, emprazou á Xunta a axilizar a tramitación dos parques eólicos dos que depende a supervivencia dos proxectos industriais estratéxicos para Galicia para os que hai de data límite o 31 de xaneiro, sinalando que dende o seu partido non serán copartícipes da perda de milleiros de postos de traballo.

O número un dos socialistas galegos reuniuse hoxe cos asinantes do Pacto Eólico para facer un seguimento do mesmo, que foi presentado en abril deste mesmo ano. A importancia deste encontro reside no protagonismo acadado polo abastecemento enerxético nestes últimos meses ante a suba desmedida do seu prezo pola guerra en Ucraína.

Formoso destacou que “por desgraza, o tempo e Putin” déronlles a razón, ao poñer o foco na necesidade de que Galicia adquira un “papel protagonista” dentro da “revolución enerxética” que prepara a Unión Europea de cara a ter maior independencia de países externos cunha dubidosa calidade democrática.

A comunidade autónoma galega é, para o líder do PSdeG, a que ten que “dar resposta ás necesidades de Europa para non depender do gas ruso ou arxelino”, sendo os que subministren ao continente de “enerxía e que proveña de recursos propios”.

Por riba do plano internacional valora a necesidade que ten Galicia de aproveitar os seus recursos para garantir a viabilidade dos “grandes proxectos industriais dos que dependen decenas de miles de postos de traballo”, entre os que destacou desde Alcoa ou Showa Denko, pasando por Stellantis en Vigo, ou a nova planta de xeración de hidróxeno verde que acordou o goberno de España coa navieira danesa Maersk.

Todos estes proxectos que forman gran parte do seu tecido produtivo, precisan da implantación de novos parques eólicos para a súa implantación ou supervivencia, polo que Formoso subliñou que “a enerxía é a sangue que corre polas veas da economía do país”.

Ante esta necesidade imperante emprazou á administración autonómica e estatal a axilizar os trámites dos parques vinculados aos proxectos estratéxicos da economía galego. Do mesmo xeito reprochou á Xunta que delatase no tempo a tramitación dos expedientes, que pasan primeiro pola súas mans, antes de chegar ao Ministerio de Transición Ecolóxica, o que volve a amosar que o PP nunca apostou claramente polas enerxías renovables.

Sendo o executivo galego o que está a poñer en risco o futuro de decenas de milleiros de familias, o propio Formoso exclamou que eles non ían ser “copartícipes de que desaparezan proxectos industriais estratéxicos para Galicia por falla de seriedade, solvencia coherencia e valentía á hora de dirixirse á sociedade”. Polo que fixo “un chamamento” a solucionar isto antes do 31 de xaneiro, data límite para a concesión de moitos destes parques.

Respecto ao territorio e participación pública

Sen embargo, a axilización dos trámites ten que ser compatible co respecto ao territorio e aos propietarios “que levan preservando o rural durante xeracións”, así o asegurou o mandatario socialista, xunto coa importancia da participación estratéxica do ente público nestes proxectos.

Declarou que “non podemos agochar a cabeza ante un cambio de dinámicas claras cambio de sistema revolucionario nas fontes enerxéticas”, sendo que a administración galega debería formar parte da propiedade dos proxectos de parques eólicos, tanto para intervir de maneira activa en que se desenvolvan correctamente, como para reverter parte dos beneficios na sociedade galega á que pertencen eses recursos naturais.

Formoso recordou que o modelo de participación pública que se inclúe no Pacto Eólico asinado en abril, xa está tomado en consideración coa produción do hidróxeno verde por parte do goberno de España, así como implementado nos grandes países europeos, como Alemaña ou Italia.

É por isto que considera que é o momento de recuperar esa presencia do público nos sectores esenciais na economía e que Galicia non debe quedar atrás, xa que “o pobo galego ten que ter capacidade de lideralos, titorizalos e ser destinatario dunha parte importante dos beneficios que se obteñan pola súa xestión”.

Resaltou que o que fixeron o PSdeG e as demais organizacións que participan neste Pacto por unha Enerxía Eólica Sostible para Galicia “é o que deberían facer outros axentes sociais e administración”, os cales “terían que estar dende hai tempo sentados nunha mesa coma nós deseñando a aplicación do protagonismo de Galicia na revolución enerxética que está chegando xa da man da UE”.

Na xuntanza estiveron, ademais de Formoso en representación do PSdeG, representantes de UXT, Fademur, Ventonoso e Unións Agrarias, escusando a súa asistencia a secretaria xeral de CC.OO. en Galicia por motivos de saúde.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21