Categorías: Actualidade

O PSdeG critica que a Xunta obrigue aos barcos da Costa da Morte a avisar con 48h de antelación cando vaian a ter un sinistro: estamos tolos, non?

Patricia Otero insiste en que o práctico substituto que propón Portos de Galicia é un “parche” e esixe que se manteña o servizo como ata agora

A portavoz de pesca do grupo socialista, Patricia Otero, denunciou hoxe que os portos de Laxe, Cee, Corcubión e Sada levan dende o inicio do mes sen servizo de practicaxe cando a Xunta sabía da xubilación do anterior traballador dende hai un ano. Insistiu en que o “práctico substituto” para varios portos que propón Portos de Galicia é un “parche” que non ten ningún tipo de lóxica.

A responsable da área de pesca do grupo socialista levou ao Parlamento a situación do servizo de practicaxe dos portos da Costa de Morte de Cee, Corcubión, Laxe e Sada, que levan dende o pasado 1 de decembro sen operario ante a xubilación do profesional. Desta situación avisaron os grupos da oposición dende hai tempo xa que hai máis dun ano que o traballador avisou da súa intención de xubilarse.

Son os pregos de Portos de Galicia para a adxudicación da praza a un novo aspirante os que causaron que quedara vacante, algo do que alertou o propio traballador saínte, así como o grupo socialista en constantes ocasións, ao que fixeron “oídos xordos”. Otero recalcou que a “incapacidade” da administración galega para solucionar estas eivas derivou na actual situación de “risco” para as embarcacións da zona.

Patricia Otero entende que a Xunta meteuse neste “embolado” por ignorar as advertencias e primar a sustentabilidade económica por riba da seguridade, poñendo así incluso en risco os postos de traballo dalgunha empresa como Xeal, en Cee.

A proposta que se fixo ante isto é que haxa un “práctico substituto” que cubra as zonas de Cee, Cariño, Celeiro, Burela ou Ribadeo, entre as que “hai incluso máis de 250 km de distancia nalgúns caso”, polo que “tardaría 3 horas en chegar”, recordou Otero. Este profesional non tería que estar presencialmente no porto, polo que se desprazaría en función das necesidades, dándose o caso de que si que teñen que estar medios materiais, pero non os humanos que os empreguen, algo “sen lóxica” que comparou cos hospitais sen médicos que ten o Sergas.

Así mesmo o grupo popular indicou que as embarcacións deberían avisra con 48 horas de antelación ante unha avaría ou imprevisto, o que indignou á responsable socialista que cualificou a medida de “parche”, ante o que espera “que non pase nada” porque entón “debería haber responsabilidades por parte da administración”.

Patricia Otero subliñou as funcións de seguridade marítima deste servizo, polo que esa proposta é moi perigosa, especialmente “na Costa da Morte” que “non recibe ese nome por nada”. Dirixíndose aos parlamentarios do PP díxolles que “se lles ten que caer e cara de vergoña” ao asegurar que teñen que pedir asistencia ante un accidente con 48 horas de antelación, “estamos tolos, non?”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21