Categorías: Actualidade

Luis Álvarez denuncia que Galicia está perdendo oportunidades industriais por culpa da inacción da Xunta

O portavoz do Grupo Socialista non confía nun cambio de postura do PP ante a tramitación dos orzamentos para aceptar emendas da oposición e que pasarán “o rodillo parlamentario”

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, alertou de que Galicia está a perder oportunidades industriais ante a inacción da Xunta que ten as competencias exclusivas neste ámbito, mentres que de cara á tramitación final do proxecto de orzamentos asegurou que Rueda non ten un estilo propio e pasará “o rodillo” no Parlamento sen aceptar “melloras” da oposición ás súas contas.

O responsable socialista interveu logo da Xunta de Portavoces do Parlamento que fixou a orde do día do próximo Pleno do Parlamento, no que lle preguntará a Alfonso Rueda pola política industrial de Galicia. Álvarez advertiu que a inexistencia de política activa da Xunta neste ámbito no que teñen as competencias xerou que a comunidade autónoma estea quedando“descolgada respecto a proxectos empresariais estratéxicos”.

Antes do pleno ordinario haberá o final de tramitación dos orzamentos nos que non confía que o PP acepte cambio algún das emendas presentadas, polo que adiantou o seu voto negativo ás contas debido a que “non aportan solucións aos problemas dos galegos e das galegas”. Defendeu as emendas do seu grupo que estaban centradas no ámbito d transparencia e da baixa execución orzamentaria que “repiten ano tras ano”.

Luis Álvarez considera, por tanto, que o pleno final de orzamentos vai a ser un “mero trámite” ate a postura do goberno galego, que pasará “o rodillo” da maioría absoluta no Parlamento para non incorporar melloras, polo que entende que “non hai un estilo Rueda” e repetirá o modus operandi de Feijóo, resultando nunha nova oportunidade desaproveitada dos “orzamentos máis grandes da historia” grazas ás transferencias do Estado.

As emenda socialistas son un total de 76 no documento xeral de orzamentos, 628 na conta de gastos referidas especialmente a demandas de ámbito local no tocante a sanidade, educación, estradas ou saneamento; e 32 á lei de medidas fiscais e administrativas, a chamada lei de acompañamento, onde reclaman a retirada da bonificación do imposto de patrimonio.

O voceiro socialista tamén anunciou unha moción que se levará ao seguinte pleno ordinario buscando combinar a mellora das condicións laborais e salariais dos médicos da atención primaria, coa tarefas de investigación, a ampliación de novas categorías de atención primaria e o aumento das que están “infradotadas” como fisioterapia ou saúde bucodental.

Defenderán tamén a través dunha interpelación que se negocie coas entidades locais, a través da FEGAMP que un proxecto de Lei que regule a participación dos concellos nas contas da Comunidade Autónoma. Actualmente estes son financiados a través dunha participación nos fondos do Estado, da Xunta e dos seus propios tributos, pero no referente á financiamento por parte da Xunta, esta “prefire un sistema de subvencións nominativas para primar aos gobernos do PP”.

Tamén levarán dúas proposicións non de lei, a primeira para que a Xunta garanta que as asociacións que fan unha labor de protección social non queden fóra das axudas da Consellería de Política Social, xa que deixaron ao marxe dos orzamentos o concerto social. Por outra banda, a segunda proposición buscará que as embarcacións pequenas non se queden sen as subvencións á pesca sustentable que priman ás máis grandes por “un problema técnico que precisa de vontade política para solucionarse”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29