Categorías: Secretaría Xeral

Formoso alerta de que os recortes na educación pública da man de Rueda deixan a Galicia “sen futuro”

O líder dos socialistas galegos censura o carrusel de “regalías” dun goberno que no canto de recuperar os libros de texto gratuítos “prefire regalarlle chándales” ou un bono turístico “a todo o mundo”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, criticou hoxe os recortes no ensino público aplicados polo presidente da Xunta e que abocan a unha Galicia “sen futuro”. Así o dixo antes de participar na II Xuntanza Provincial do Socialismo Ourensán, no que tamén interveu o secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, e no que homenaxearon á histórica militante Carmen Rodríguez Nóvoa.

O responsable socialista acudiu ao encontro ourensá logo da Festa Socialista da pasada fin de semana e na que participou o presidente do goberno, Pedro Sánchez, e que demostra que o partido “está activado, ilusionado, con espírito crítico e ánimo de fiscalización” do goberno galego. Criticou así á xestión do presidente da Xunta, inmerso nun “período de regalías universais”.

Censurou que Rueda teña anunciado que “prefire regalarlle chándales” e bonos turísticos “a todo o mundo” logo de poñer en cuestión o modelo de gratuidade dos libros de texto, posto en marcha polo goberno presidido polo socialista Pérez Touriño. Un modelo que investindo 17 millóns cada ano -71 millóns de euros cada catro anos de vixencia dos manuais- desafogaba o custe de 700 euros por alumno para as familias.

No canto de axudar na adquisición de libros de texto, apuntou que o presidente da Xunta prefire destinar unha contía semellante para un bono deportivo de 120 euros para escolares sen progresividade, “da igual que pertenzas ao clube selecto de 7.700 galegos con 6 millóns de euros ou que cobres o salario mínimo”. E iso antes de anunciar un bono turístico para 10.000 persoas independentemente da súa renda.

Servizos públicos en tela de xuízo

Valentín González Formoso acusou ao presidente da Xunta de poñer “en tela de xuízo” uns servizos públicos “máis debilitados” dende que tomou posesión como presidente da Xunta, e que é posto de manifesto sinaladamente no ensino e a sanidade.

O responsable socialista chamou a salvagardar estes servizos, que no caso concreto da educación garanten unha “sociedade de futuro” e permiten reter talento e “cumprir o soño de rapaces e rapazas que queren iniciar un proxecto vital e laboral na súa terra”.

O secretario xeral do PSdeG interveu a continuación no acto Con-Memora organizado pola agrupación provincial do PSdeG de Ourense, no que homenaxearon á militante de máis de 100 anos Carmen Rodríguez Nóvoa.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21