Categorías: Actualidade

O PSdeG inicia unha ofensiva institucional para acadar unha Galicia libre de prostitución garantindo a protección das vítimas

Silvia Fraga denuncia que tódalas iniciativas do goberno galego acabaron en “papel mollado” e reivindica unha actuación “sen tibiezas” porque “os tempos son chegados: acabouse

Noa Díaz sinala como obxectivo “rematar co sistema prostitucional” que constitúe “unha das formas máis terribles de violencia contra as mulleres e que ten a súa orixe na desigualdade de xénero”

A portavoz de Igualdade da Executiva do PSdeG, Silvia Fraga, anunciou hoxe unha ofensiva institucional con iniciativas a tódolos niveis, local, provincial e autonómico co obxectivo de acadar unha Galicia libre de prostitución. Fraga presentou a campaña xunto coa portavoz de Igualdade no Parlamento, Noa Díaz, co gallo da celebración, mañá sábado, do Día Mundial contra a Explotación Sexual e a Trata de Mulleres, Nenas e Nenos.

A responsable socialista reclamou unha “actuación contundente e sen tibiezas” dende tódalas institucións logo de constatar que a Xunta ten convertido en “papel mollado” o Plan contra a trata anunciado hai un ano. Fraga reclamou medidas que teñan “efecto real na vida destas mulleres” e reivindicou a postura abolicionista do PSOE antes de remachar que “os tempos son chegados: acabouse”.

Tomou así o lema esgrimido polo “clamor popular” provocado polo Caso Rubiales como bandeira contra este tipo de maltrato e de violencia contra as mulleres, e advertiu que “en pleno 2023 segue a tolerarse que se compren e vendan os corpos das mulleres, e hai quen se atreve a cualificalo como traballo”.

Sinala como “imprescindible” a implicación das administracións públicas “a tódolos niveis” acorde co rexeitamento social contra este tipo de explotación das mulleres. O PSdeG presentará por iso en tódolos concellos de Galicia unha serie de mocións para que se adhiran á rede de cidades e pobos libres de tráfico de mulleres, nenas e nenos destinados á prostitución.

Reclaman ademais que prohiban a publicidade que fomente o consumo de prostitución, e a revisión polo miúdo das licencias administrativas municipais para impedir a explotación sexual dentro de locais e a posta en marcha de campañas de sensibilización cidadá contra a prostitución e a trata de persoas.

Estas actuacións van en consonancia, explicou coa Lei contra a Trata e a Explotación Sexual presentada polo PSOE a nivel estatal e que está á espera da elección do novo goberno progresista, así como a Lei de Abolición da Prostitución que será presentada nesta Lexislatura.

Acabar co sistema prostitucional

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Noa Díaz, presentou pola súa banda a batería de iniciativas parlamentarias co obxectivo de “dar os pasos para rematar co sistema prostitucional”. Este, sinalou, constitúe “unha das formas máis terribles de violencia contra as mulleres que ten a súa orixe na desigualdade de xénero e a subordinación laboral e económica das mulleres aos homes”.

Emprazou ao goberno galego a seguir os pasos marcados por gobernos como o de Asturias e impulsar modificacións lexislativas dirixidas a garantir unha Galicia libre de prostitución, “garantindo sempre a protección das mulleres prostituídas”. Reclamoulle ao goberno galego que poña en marcha a persecución dos proxenetas e os tratantes de mulleres e nenas desincentivando ao tempo a demanda e a compra de prostitución.

Díaz instou á Xunta a poñer en marcha os mecanismos necesarios para que a sociedade civil poida denunciar os casos de explotación sexual que sexan detectados tamén a través das redes sociais. Sinalou que “como cidadáns e cidadás tamén temos a nosa responsabilidade” e reclamou “tódolos medios” para garantir a protección efectiva das vítimas e combater o “macrosistema oculto” da explotación sexual.

Criticou que a Xunta teña convertido en papel mollado o acordo parlamentario aprobado hai un ano, así como o 1º Plan contra a trata e a explotación sexual en Galicia, que logo de 3 anos permanece agochado. Díaz acusou ao PP e ao goberno galego de “mirar para outro lado” diante deste problema e reclamou un informe exhaustivo con datos reais e actualizados para fixar un mapa da prostitución e da explotación sexual no país.

As responsables socialistas explicaron que as mulleres e as nenas representan o 71 por cento das vítimas de trata en todo o mundo, onde 8 de cada 10 casos corresponden á explotación sexual. Segundo a Fundación Scelles, a prostitución afecta a entre 40 e 42 millóns de persoas, o 90 por cento das cales depende dun proxeneta, e o 75 por cento teñen entre 13 e 25 anos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00