Categorías: Actualidade

O PSdeG critica o seguidismo de Rueda da “estratexia fallida” do PP: “é lamentable que o presidente dos galegos actúe de palmeiro de Feijóo”

Luis Álvarez anuncia que reclamarán no pleno a recuperación do sistema de gratuidade de libros de texto, especialmente logo do bono para material deportivo anunciado polo goberno

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, criticou este luns o seguidismo de Rueda da “estratexia fallida” do PP, xa que entende que “é lamentable que o presidente dos galegos actúe de palmeiro de Feijóo”, en referencia ao mitin celebrado este domingo polo PP en Madrid.

O voceiro dos socialistas na Cámara galega entende que este acto ten a única motivación de “desviar a atención da vía sen saída na que nos meteu o seu líder”, Núñez Feijóo. Considera que estamos ante unha “formación política perdida nunha fuxida cara adiante” ao organizar unha protesta “contra unha investidura que aínda non foi convocada cando precisamente esta semana vai ter lugar esta investidura fake do señor Núñez Feijóo”.

Luis Álvarez sinalou que tanto Rueda como Feijóo “son incapaces de reunir ningún tipo de apoio que vaia máis alá da extrema dereita como vai a quedar claro esta mesma semana” despois de ser eles “os que branquearon a Vox dándolle a chave de centos de municipios e de comunidades autónomas”. Deste xeito, entende que “agora queren facernos pagar a todos a súa estratexia de confrontación”.

Rueda supedita desgraciadamente a axenda de Galicia ás urxencias dun Feijóo cada día máis debilitado”, apuntou Álvarez. Quen pensa que “a súa presencia onte en Madrid non representa aos galegos e galegas” e que non cumpre co seu cometido que é axudar aos intereses da cidadanía. Entre os mesmos encontran a defensa dun sistema educativo público e de calidade.

GRATUIDADE LIBROS DE TEXTO

Ao fío do que Álvarez anunciou que no pleno parlamentario que se celebrará esta semana, dende o Grupo Socialista reclamarán de novo que se recupere o sistema de gratuidade de libros de texto para a educación obrigatoria ata os dezaseis anos. Lembrou que os sistema de préstamo instaurado polo goberno de Pérez Touriño foi substituído polo PP por un “máis caro, ineficiente e que chega a menos familias”.

Así mesmo, comparou o custo do sistema da gratuidade universal, cuns 18 millóns de investimento anual da Xunta, co do bono anunciado a semana pasada por Rueda para material deportivo, no que desembolsarán arredor de 16 millóns de euros.

Sendo que o PP retirou o modelo instaurado polos socialistas co argumento da falta de progresividade, Álvarez non entende por que a axuda para material deportivo, que considera secundario en comparación á educación, non ten criterio de renta para recibilo como si ocorre agora coas axudas para pagar os libros de texto. Para os socialistas estamos ante unha medida electoralista, e advirten de que “a todos os galegos e galegas nos vai a saír carísima a campaña electoral do señor Rueda”.

O portavoz socialista tamén tivo unhas palabras para felicitar á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, polo seu nomeamento como vicepresidenta de FEMP. Remarcou que esta decisión “pon en valor as políticas de progreso despregadas na cidade nos últimos catro anos” e é unha recompensa ao gran traballo realizado polo seu goberno na cidade herculina.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29