Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista solicita unha Comisión de Estudo para avaliar a adecuación do himno de Galicia ao seu texto orixinal

Noa Díaz propón dar paso a persoas expertas para “dilucidar a conveniencia de que o noso himno recupere o seu texto orixinal” con consenso

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, propuxo hoxe a constitución dunha Comisión Especial de Estudo que avalíe a actualización do himno de Galicia. A responsable socialista interveu no debate dunha Iniciativa Lexislativa Popular para mudar o texto do himno que o Grupo Socialista rexeitou á espera de contar con toda a información tras un debate sereno e positivo sobre este símbolo identitario de Galicia.

Díaz Varela explicou que “a nosa posición pretende ser o comezo dun camiño definitivo” para esta petición que “sendo xusta, debera contar co consenso político, social e cultural”, e que “merece unha reflexión profunda e rigorosa para poder tomar a decisión máis axeitada”. Emprazou a unha Comisión de Estudo “na que debater coas persoas expertas, do que sairá un ditame o máis rigoroso posible” para dilucidar a conveniencia de que o himno recupere o texto orixinal.

Díaz saudou o traballo do filólogo Manuel Ferreiro, que hoxe presentou esta ILP e que amosou coa súa investigación evidencias do propio Pondal advertindo das erratas no himno. Sen embargo, lembra que nin a RAG nin o Consello da Cultura Galega se amosaron convencidos de mudar o texto nun ditame solicitado polo Parlamento en 2002, sen ter emitido novos informes dende aquela, e por iso mantivo que, pese ás novas evidencias científicas, “o debate está moi aberto fóra da cuestión estritamente filolóxica, que si parece clara”.

A parlamentaria socialista advertiu que de ter aprobado esta ILP, esta debera tramitarse como un proxecto de Lei, abrindo un período de presentación de emendas antes de que se celebrase a ponencia na que si cabería presentar informes e consultar a persoas e institucións expertas. Sinalou que “o proceso de escoita non sería previo ao traballo parlamentario co texto”, algo que si permitirá a constitución da Comisión Especial de Estudo que formulou hoxe.

Subliñou que “non se interprete a posición do PSdeG como un non a esta ILP, senón todo o contrario, a nosa posición pretende ser o comezo dun camiño definitivo para tratar un asunto que concerne un dos símbolos cos que nos identificamos as galegas e os galegos”.

Explicou que se trata de modificar un dos 3 símbolos oficiais de Galicia, que require “acadar o consenso do pobo, e para iso este Parlamento, no que está depositada a soberanía do pobo, precisamos contar con toa a información para tomar unha decisión baseada na rigorosidade”. Emprazou a seguir un camiño semellante á recente aprobación da Lei do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23